marco
Vigo, 21/7/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O 20 de xullo en Brasil

Fermín Paz Lamigueiro, elixido novo secretario xeral da Asociación Internacional “Dereito á Enerxía – SOS Futuro”

Fermín Paz Lamigueiro foi nomeado como novo Secretario Xeral da Asociación Internacional " Dereito á Enerxia- SOS Futuro". Na sesión do Consello de Administración celebrado o 20 de xullo de 2008, no Brasil, na cidade de Rio de Janeiro.

Dita asociación ten a sua sede mundial en París (FRANCIA) e ten asociadas a mais de 480 organizacións de 72 países. A sua estratexia de acción baséase no concepto de considerar á enerxia nun dereito humano, sen a cal non é posíbel o desenvolvemento económico e social.

Asemade o consello tamén elixiu como Presidente a Pierre Jean Coulon e como tesoureiro a Mustafa Bouras. Todo o proceso electivo foi por unanimidade.

Congreso coa enerxía e inclusión social

Paralelamente ao Consello tiveron lugar outras actividades: un congreso coa temática "Enerxia e inclusión social" convocado pola sección brasileira da asociación, as diferentes delegacións tamén participaron no seminario "Enerxia, biocombustíbeis e alimentación".

Ao remate dos traballos dirixiuse a todas as delegacións asistentes a Presidenta da Confederación Nacional da Asociación de Moradores do Brasil, organización tamén asociada á "Dereito á enerxia" que agrupa no seu seo a 18.900 comunidades e ten 2.700 delegados e delegadas no seu Congreso Nacional.

Reseña de Fermín Paz:

Militante nacionalista galego dende a década dos 70. Ocupou diferentes responsabilidades sindicais en As Pontes, a comarca de Ferrol, a Federación de químicas e enerxia da CIG e na sua executiva confederal.

Foi secretario xeral adxunto da Unión Internacional de Sindicatos do Metal, Petroleo, Enerxia, Química e Afíns, así coma outras responsabilidades sindicais e políticas, tanto a nivel nacional e internacional.