A empresa Servicios y Materiales SA (SERMASA) encárgase na cidade de A Coruña da xestión de diversos edificios e recintos municipais como o Fórum Metropolitano, o Teatro Rosalía, o Coliseum, a rede de Museos Científicos ou a Torre de Hércules. A CIG acadou na empresa 6 delegados, UGT 2 e 1 CCOO.
Nas eleccións do Comité provincial da Cruz Vermella de A Coruña, a central nacionalista obtivo 7 delegados, fronte aos 2 de UGT. Estes resultados teñen unha especial relevancia pois o comité saínte era integramente da UGT.
Nas votacións na Fundación Preescolar na Casa, dedicada ao ensino infantil, a CIG conseguiu 3 representantes, 1 o STEG e 1 CCOO. Neste proceso participou o 100% do cadro de persoal.
Por último, no Colexio Fingoi de Lugo, o sindicato nacionalista obtivo os 2 delegados que había en xogo.