'A impresión que temos por parte dos traballadores é que non existe unha vontade clara por parte da dirección de poñer a producir a factoría', manifestaba nesta concentración o presidente do comité de empresa, Ramón Conde.
Así estes traballadores comezaban o 22 de maio unha serie de concentracións ás doce da mañá diante da sede da empresa para reclamar da dirección da empresa e de Endesa que se restableza o servizo eléctrico na fábrica, para poder restablecer a produción e facer fronte aos pedidos que están a recibir.
Empresa viábel
Ramón Conde, presidente do Comité de Empresa de Cedonosa, da CIG, en declaracións aos medios de comunicación ali presentes, subliñou que "Cedonosa é viábel, porque temos pedidos e un mercado, pero o que se esconde detras de todo isto é a vontade de facer un peche patronal, vender os terreos e continuar a especular co noso futuro e o de moitas familias de Catoira.