A CIG e a Federación de Cooperativas Sinerxia organizan estas Xornadas internacionais de economía social (de traballo e consumo), que contan coa colaboración da Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia, cos seguintes obxectivos:
A xornada tamén servirá como espazo de encontro entre o mundo sindical e social e o mundo do cooperativismo para a reflexión conxunta e a posibilidade de articular unha interlocución continuada a respecto dos modelos de desenvolvemento social, así como de posibilitar colaboracións futuras.
13-14 de xuño en Compostela
Hotel Puerta del Camino (ao lado do Pazo de Congresos)
Programa das xornadas
Venres 13 de xuño
16:30 h. Recepción de asistentes e entrega de documentación
17:00 h. Acto de apertura:
Ana Lorenzo Vila, Federación de Cooperativas Sinerxia
Representante da Consellaría de Traballo da Xunta de Galicia
Xesús Seixo, Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega
17:30 h. Mesa de experiencias
Traballo:
Albino José Bracho. Venezuela. Dirixirente da Asociación Civil Redes de Venezuela. Coordenador de redes sociais e asesor-facilitador para a formación de cooperativas e de empresas de produción social (EPS). Exposición de experiencias de organización comunitaria do traballo no contexto dun país cunha elevada precarización e informalidade das relacións laborais, con empresas tomadas polos seus traballadores, e inmerso en transformacións sociais e políticas fondamentais, como unha profunda reforma agraria.
Consumo:
Fernando Parreira Rosa. Portugal. Presidente da Federación Nacional de Cooperativas de Consumidores de Portugal (FENACOOP). Exposición de experiencias dun cooperativismo de consumo maduro ligado ao mundo sindical e do traballo, como resposta colectiva organizada fronte á carestía da vida e en defensa do poder adquisitivo dos salarios.
Debate en plenario en torno ás dúas experiencias.
O debate será moderado por Ana Lorenzo Vila, presidenta da Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Eixo, e representante da Federación de Cooperativas Sinerxia.
19:30 h. Peche da sesión.
Sábado 14 de xuño
10:00 h. Mesa de experiencias de economía social no ámbito do traballo.
Paula Ríos Curbeira. Galiza. Tagen Ata, LINGUA E COMUNICACIÓN. Exposición dunha experiencia galega do cooperativismo que desenvolve o seu traballo profesional en servizos de normalización lingüística e comunicación integral con ferramentas de software libre.
Javier Ortega. Aragón. Presidente e membro fundador da Cooperativa Grupo La Veloz, entidade zaragozana con 15 anos de experiencia, adicada ao transporte urxente con medios de locomoción respectuosos co medio ambiente, e ao asesoramento e xestión de entidades de economía social. Exposición da experiencia dun proxecto cooperativo que, partindo da particularidade, se desenvolve e se transforma para estender o seu modelo, cuestionando o modelo empresarial dominante e a viabilidade ecolóxica deste.
11:30 h. Descanso – café
12:00 h. Continuación da mesa de experiencias de economía social no ámbito do traballo.
Juan Carlos Huerta Bau (“Carlos Chile”). Arxentina. Dirixente da organización “piqueteira” Movemento Territorial de Liberación, ligada á Central de Traballadores Arxentinos. Exposición de experiencias de organización de sectores sociais precarizados ou excluídos, no contexto da quebra profunda da sociedade arxentina, con proxectos de organización colectiva do traballo para dar resposta ás necesidades básicas de subsistencia (alimentación, vivenda, educación, etc.)
Debate en plenario en torno ás tres experiencias de traballo.
O debate será moderado por Mar Pernas Márquez, xerente da Unión Galega de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA).
14:00 h. Xantar
16:00 h. Mesa de experiencias de economía social no ámbito do consumo.
José Luís Cabrita. Portugal. Secretario Xeral da Federación Nacional de Cooperativas de Consumidores de Portugal (FENACOOP). Exposición da experiencia da comercialización de produtos do comercio xusto no marco das cooperativas de consumidores de Portugal.
Noelia Cachaza Díaz e Olaia Fernández Fernández. Galiza. Cooperativa ferrolá de consumo consciente A XOANIÑA. Exposición da experiencia da rede galega de cooperativas de consumo ecolóxico e responsábel.
Debate en plenario en torno ás duas experiencias.
O debate será moderado por Ramón Rodríguez Padín, xerente da Federación de Cooperativas Sinerxia e dinamizador da rede de cooperativismo de consumo responsábel en Galiza.
18:30 h. Peche das xornadas.
Como participar nas Xornadas Internacionais de Economía Social?
Enviando un correo electrónico solicitando a súa pre-inscrición, a calquera dos seguintes enderezos electrónicos:
traballoeconsumo@gmail.com
axentesdeemprego@gmail.com
Indicando os seguintes dados:
A participación nas Xornadas será totalmente gratuita (incluído o xantar do sábado 14 de xuño). Entregarase certificado de asistencia a quen o precisar.
Por mor da limitación do aforo (145 persoas), as solicitudes recibidas neste correo electrónico ate o día 11 de xuño terán carácter provisorio de pre-inscrición e serán definitivas só unha vez confirmadas pola organización antes do 12 de xuño.