marco
Vigo, 22/9/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Máis de 150 profesores/as participan nesta edición

Comeza a XX Semana da Educación en Pontevedra organizada pola CIG Ensino e ASPG

O luns 22 de setembro de 2008 comeza a vixésima edición da Semana de Educación, que se alongará até o 26 de setembro. As conferencias terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra e cun horario de cinco da tarde a nove da noite.

A continuación anexamos o programa que se desenvolverá nesta semana:

Luns día 22

A partir das 17: Recepción e entrega de materiais.

17.30: Conferencia inaugural "O ensino en Galiza: necesidades, incumprimentos e propostas", por Anxo Louzao, secretario nacional da CIG Ensino.

Obradoiros optativos:

1- Obradoiro: "A dinámica de grupos como prevención de condutas conflitivas na aula", por Ana González, licenciada en Filoloxía e diplomada en educación social. Conta cunha ampla experiencia como formadora en todo o relativo a educación social, liderado, resolución de conflitos e habilidades sociais.

Contido: concepto de grupo. Condutas globais dos grupos. Que son as dinámicas de grupos. Para que serven. Dinámicas de grupo na educación formal. Factores e prerrequisitos a ter en conta. Factores que condicionan ao grupo-clase. Como se produce o conflito na aula. Como afrontar o conflito. O "bullying". Que é e factores influentes.

2- Obradoiro: "A expresión dramática na aula", por Andres Bayer, mestra, membra do grupo de teatro para nenos Galitoon, ten impartido clases de teatro para nenos asi como obradoiros para adultos e adolescentes. Contido: Descubriremos como calquera de nós pode levar adiante un pequeno obradoiro de teatro na nosa escola sen necesidade de ser actores ou actrices. Todos e todas terán un papel importante que desenvolver ao longo do obradoiro. Por medio de xogos (de presentación, de cooperación, de percepción e observación sensorial, de control espacial, de transformación de obxectos, de expresión e representación corporal, de relaxación) e axudados por cancións, contos e marionetas, aprenderemos a traballar o teatro na escola.

3- Obradoiro: "As Tics, unha nova forma de traballar: Recursos en galego, os blogues, o encerado dixital, o programa ARDORA"

- Recursos Tics en galego, creación dun blogue, por Flavio Piñeiro Sarille. Profesor de matemáticas no IES de Sanxenxo. Conta con ampla experiencia en formación en Tecnoloxías da Información e Comunicación aplicadas á Educación Matemática en Ensino Primario ou Secundaria. Contido: Percorrido por recursos Tic en galego existentes na rede. Amosar as posibilidades que ofrecen diferentes recursos para crear materiais ou utilizar os xa existentes. Facilitar a utilización das Tic como soporte didáctico e ferramenta de traballo para profesorado e alumnado. Acadar a competencia dixital e alfabetización informática. Elementos dun blogue. Rss, imaxes, enquisas... Blogue como ferramenta na educación. Creación dun blogue.

- O encerado Dixital. Por Belén Junquera Méndez. Mestra no EEI Vagalume. Ten impartido numerosos cursos das Tics e encerado dixital.

Contidos: Manexo do encerado dixital. Utilización didáctica do encerado dixital. Instalación. Software. Actividades.

- Programa ARDORA, por Xosé Manuel Bouzas. Mestre no CEIP de Palmeira. Enxeñeiro técnico en Informática de sistemas. Autor de diferente software relacionado coa educación. Ten impartido numerosos cursos e conferencias relacionados coas Tics.

Contidos: ARDORA. Posibilidades e filosofía. Creación de contidos. Integración de actividades ARDORA en Unidades didácticas máis amplas. Creación de paquetes de actividades. Actividades con imaxes. Actividades con audio. Incorporación de actividades ARDORA a plataformas de teleformación. Standar SCORM. Intranets educativas.

4. Obradoiro: "Bibliotecas escolares. Experiencias transformadoras"

- "Bases teóricas sobre a biblioteca escolar". Consuelo Rivera, profesora de ESO, asesora de bibliotecas escolares no CFR de Pontevedra; forma parte da comisión de bibliotecas escolares. Contido: 1. Introdución: A biblioteca escolar no contexto actual: A sociedade da información. As directrices europeas e a educación por competencias. 2. O modelo de biblioteca de IFLA/ UNESCO: características e funcións. 3. Requisitos, funcións e organización da biblioteca escolas: Espazos, horarios, fondos: catalogación. A CDU. 4. Dinamización. Formación de usuarios/as. Educación documental. Fomento da lectura. 5. O proxecto lector do centro.

- "Experiencia de biblioteca en primaria". Por Isabel Vázquez e Belén Escariz. Son mestras e responsábeis da biblioteca escolar do CEIP Quintela de Moaña. Contidos: Hora de ler, o libro-forum (itinerarios lectores), ler fainos mellores (educando ás emocións), as mochilas viaxeiras, os libros do mes, obradoiros de escritura, o blogue da biblioteca, educación informacional e formación de usuarios/as...

- "Experiencia de biblioteca en secundaria". Por Benigno Nerga. Licenciado en filoloxía clásica, responsábel da biblioteca do IES Alexandre Bóveda de Vigo. Contido: No IES Alexandre Bóveda adaptamos a biblioteca aos novos tempos creando catro espazos: unha sala de estudo, unha de traballo en grupo, unha mediateca e unha sala de lectura relaxada, pero o traballo máis fecundo é o da dinamización e fomento da lectura que este ano se incorporou ao proxecto lector con actividades como un blogue, concursos, guías de lectura, club de lectura... Toda unha experiencia de como se pode transformar unha biblioteca nun centro escolar.

6- Obradoiro: "Aplicacións didácticas da risoterapia". Por Anabel Gulias: técnica especialista en recursos humanos. Licenciada en Ciencias Políticas, especialidade en risoterapia polo Centro de Saúde Intelixente de Barcelona.

Contido: A risa nas diferentes culturas. Clases de risa. Filosofía da risa. O poder curativo da risa. A risa como potenciadora do sistema inmunitario. Beneficios para a saúde que promove a risa. A risa como desencadeante da comunicación. A psicoloxía da risa. Distintas personalidades. Dinámica de grupo. Realización de varias sesións práticas: A risa como estimulante da creatividade. Exercicios de empatía e comunicación. Preparación para a risa. Habilidades dun bo ou boa risoterapeuta, movementos de desbloqueo do corpo.

7- Obradoiro de danza "Sete pasos igual a infinito. Baile de creación". Por Sergio Cobos. Membro de Trebón. Un dos bailaríns de danza galega máis coñecidos do país. Ten impartido obradoiros de danza en Franza, Euskadi...

Contidos: Ensinaranse as dinámicas e os pasos de baile galego para poñelos en prática e gozar do acto de bailar. Comézase aportando o coñecemento dos recursos elementais de baile e motivando o emprego dos mesmos para permutar e combinar libremente os movementos. O curso apoiarase con materiais de recollidas de campo para establecer comparacións entre os distintos lugares de Galiza.

Día 26 ás 19, acto de clausura, presentación do libro "Para cantar e bailar", por Luis Prego, Cándido Meixide e Sergio Cobos.

Ao rematar pincho de confraternidade.