marco
A Coruña, 23/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O persoal volveu manifestarse na rúa

A dirección da Cruz Vermella rebaixa a súa “proposta” de incremento salarial

A dirección da Cruz Vermella, na última xuntanza da mesa negociadora, rebaixou a proposta que presentara inicialmente de incrementar os salarios de acordo co IPC máis o 0´5%, aspecto que ademais xa recolle o convenio anterior. Mentres, os empregados/as volveron manifestarse na sede provincial da entidade o 23 de maio.

A Federación de Banca da CIG recrimínalle á dirección da Cruz Vermella a pouca vontade para afrontar esta negociación e a burla que supón a súa última proposta en materia salarial. Ademais, a patronal non se reunirá coa parte social até o 11 de xuño, nunha clara manobra dilatoria do proceso negociador.

A dirección cambiou, na última reunión, a proposta salarial propoñendo unhas subas de aquí a 2013 que, “botando contas, resulta que son inferiores ás que ofrecían antes agás para as categorías máis altas”, explican desde o Comité de Empresa.

A última oferta da patronal suponlle á empresa, en 2008, un gasto en salarios de 30.600 euros menos que na proposta anterior (a do IPC) e, en 2009, preto de 27.000 euros. “A empresa cargaría este aforro nas categorías máis baixas, que virían a cobrar 605 € en 2008 e 620 € en 2009, cando na proposta anterior virían cobrando 630 € en 2008 e non menos de 645 en 2009”, apuntan os representantes dos traballadores.