marco
Vigo, 23/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Conciliación laboral e familiar

Nova concentración dos traballadores e traballadoras de Froiz pola xornada continua

A CIG, con presenza nos Comités de Empresa da provincia de Pontevedra no Grupo Froiz, continúan a mobilizarse pola xornada continua. Desta volta foi no Froiz situado na rúa Gregorio Espiño, en Vigo, como xa fixeran noutros centros de traballo desta cadea de supermercados.

A dirección de Froiz négase a negociar as xornadas continuadas. Todo o persoal solicitou á empresa poder traballar unha semana de tarde e outra mañá, para deste xeito "poder compatibilizar mellor o noso traballo coa nosa vida familiar, e asi poderemos dar tamén aos clientes un servizo de calidade, desde a mañá até a noite ininterrumpidamente, con quendas", sinalan nun comunicado que repartían nesta concentración.

Xornada continua

Asi que de novo se escoitaron berros pola xornada continua e pola conciliación laboral e familiar para estes traballadores e traballadoras, nunha concentración que tivo lugar durante máis dunha hora diante do supermercado Froiz da rúa Gregorio Espiño, na cidade de Vigo.