Desde hai varios anos, a CIG ven desenvolvendo unha serie de actividades internacionais de Cooperación para o Desenvolvemento, utilizando para isto o seu Departamento Confederal de Relacións Internacionais e Cooperación.
Bolivia, Colombia, Cuba, Guiné-Bissau, Israel, Perú e o Sahara Occidental son os países nos que, polo de agora, ten intervido con proxectos de moi distinto contido mais sempre co denominador común de contribuír ao desenvolvemento económico e social das respectivas sociedades mediante o reforzo técnico, organizativo e institucional das organizacións sindicais.
Presentación de actividades
Para presentar as actividades realizadas, e moi especialmente as últimas executadas e rematadas no primeiro semestre do 2008, vaise celebrar un acto que terá lugar nos locais da CIG (Parque de San Lázaro 13, 4º andar) o próximo mércores día 25 ás 19,30.
O acto será presentado por Etelvino Blanco, Secretario comarcal da CIG en Ourense, contando coa presenza de Xesús Ramón González Boán, de CIG-Relacións Internacionais e Cooperación , e Ahmedu Mojtar, representante da Fronte Polisario en Galiza.
Situación política do Sáhara
Ahmedu Mojtar pechará o acto cunha intervención na que exporá a situación política actual do Sahara Occidental e as perspectivas de futuro.