marco
Vigo, 23/6/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Francisco García e Trinidad Villar, do Gabinete de Saúde Laboral da CIG, foron uns dos relatores desta xornada.
Xoan Xośe Bouzas, secretario de organización da CIG de Pontevedra, Rafa Iglesias, secretario comarcal da CIG de Pontevedra, e Alfonso Tellado, director do Gabinete de Saúde Laboral,  foron outras das persoas (na imaxe) que participaron neste encontro.
"O sindicalismo: novos retos"

Alta participación na xornada técnica de saúde laboral celebrada en Pontevedra

O xoves 19 de xuño máis de 200 delegados e delegadas da CIG participaron dun encontro que baixo o título "O sindicalismo: novos retos", facía fincapé na importancia da saúde laboral, e que tiña lugar no Pazo de Congresos de Pontevedra.

Esta xornada técnica de saúde laboral, organizada pola CIG de Pontevedra, en coordenación co Gabinete de Saúde Laboral da CIG, comezaba ás dez da mañá e prolongariase até o mediodia.

Ás dez e cuarto da mañá, Alfonso Tellado, director do Gabinete técnico de Saúde Laboral da CIG, presentaba estas xornadas e os obxectivos que se querían acadar de sensibilización e concienciación cara os delegados e delegadas da central sindical sobre a cuestión da saúde laboral no mundo do traballo e na actividade sindical.

Guía de boas práticas

Perto das once da mañá, Francisco García e Trinidad Villar, técnicos do Gabinete de Saúde Laboral da CIG, presentaban neste acto a Guía de Boas Práticas en materia de saúde laboral para delegados e delegadas.

Realizouse un debate, no que se expuxeron dúbidas sobre este tema, e ás 13 horas Rafa Iglesias, secretario comarcal da CIG de Pontevedra, clausuraba estas xornadas, agradecendo á alta e boa participación nas mesmas.