O pasado 19 de abril de 2008 tivo lugar na cidade de Lisboa o “Seminário internacional migrações e mundo do trabalho”, que contou coa CIG en calidade de organización convidada.
O Seminario estivo organizado pola CGTP-IN de Portugal e pola CUT do Brasil e contou coa participación de João Felício da CUT. Manuel Carvalho da Silva, secretario xeral da CGTP-IN, Carlos Eduardo Gabas, secretário executivo do Ministério da Providência Social do Brasil, Duarte Mendes da Alta Comissária para a Imigração e Dialogo Cultural de Portugal xunto a Luiz Doares Dulci, ministro chefe da Secretaria Geral da Presidencia da República do Brasil e os deputados federais do Brasil polo PT, Luiz Albuquerque Couto que apresentou unha traballo titulado Migração: Direitos e Política e Pedro Wilson da Comissão de Direitos Humanos e Minorias da Câmara dos deputados do Brasil que apresentou un relatorio titulado Migrações e mundo do trabalho.
Dividido en tres paineis; Globalização e Estratégias sindicais para as Migrações, Políticas Migratórias e Intervenção e Acção junto das Comunidades Imigrantes.
Este último painel coa intervención de João Felício da CUT, Carlos Trindade, responsábel de Migración da CGTP-IN e os representantes políticos brasileiros Luiz Couto, deputado Federal, Valter Pomar, secretario de Relacións Exteriores do Partido dos Trabalhadores e os representantes políticos portugueses Celeste Correia do PS e Eduardo Costa do PCP.
Participaron no Seminário, como invitadas, organizacións sindicais españolas e a Confederación Intersindical Galega por Galiza.
A CUT do Brasil e a CGTP-IN asinaron en Lisboa, 27 de outubro de 2007 un protocolo de cooperación sob os traballadores migrantes.
No contexto do acordo tómase en conta que “millóns de persoas de diversas nacionalidades, tradicións culturais, linguísticas e relixiosas a viverem e traballarem en conxunto con os nacionais europeus”....”certas forzas tentam difundir, en varios países, e tamén en Portugal, ideias racistas e xenófobas que visam encorajar a discriminación contra os imigrantes e as minorías étnicas. Está por iso na ordem do dia a luta contra estes preocupantes desenvolvimentos nas nossas sociedades democráticas, e simultaneamente, pela integración harmoniosa dos imigrantes e das minorias étnicas nas nosas sociedades e encorajar a diversidade. Contribuir para resolver os problemas vividos por estas comunidades interesa directamente aos visados mas tamén aos traballadores e aos povos dos países de colhimento que devem expresar-lhes a sua solidariedade e apoio á integración harmoniosa...
O facto de Portugal constituir igualmente para muitos cidadáns brasileiros unha plataforma de acceso á Unión Europeia coloca tamén a cuestión de unha resposta sindical articulada e axeitada a este fenómeno migratorio.
A forza de traballo brasileira en Portugal ten vindo a aumentar gradualmente. As comunidades brasileiras concéntranse principalmente en Lisboa, Porto e Algarve. A maioria traballa na hostelaria, restauración, hospitais, limpeza, industria do lecer, agricultura e indústria alimentar e moitos están sindicalizados na CGTP-IN.
A CGTP-IN ten unha longa tradición de apoio ás comunidades migrantes portuguesas espalladas polo mundo e, en particular na Europa. A CGTP-IN ten protocolos de cooperación con centrais sindicais e sindicatos do Reino Unido, Luxemburgo, da Suiza, do Estado espanhol e de Angola. En Portugal, a CGTP-IN apoia, organiza e desenvolve actividades con e para os traballadores imigrantes e no estranxeiro a CGTP-IN defende que os traballadores portugueses emigrados deben organizarse nos sindicatos dos países de acollida.
O Protocolo entre a CGTP-IN de Portugal e a CUT do Brasil vixente por dous anos dará apoio aos traballadores brasileiros en Portugal garantindo información e formación a estes traballadores e particularmente informándolles sob os seus dereitos, a importáncia de ter un estatuto de traballo estável e de aderir aos sindicatos.
O trabalho de información e formación será desenvolvido polos sindicatos da CGTP-IN e polos representantes da comunidade constituídos en Comisións Específicas no interior destes.
O apoio tamén será a partires da produción de materiais especificando dereitos laborais em Portugal e principalmente o papel e a importancia de aderir aos sindicatos ademais da organización de eventos e xuntanzas culturais e sindicais
Cómpre resaltar aquí a intervención dos representantes brasileiros Carlos Eduardo Gabas, secretário executivo do Ministério da Providência Social do Brasil e Luiz Soares Dulci, ministro chefe da Secretaria Geral da Presidência da República do Brasil.
Gabas expuxo os esforzos feitos polo Goberno do Brasil para asinar acordos de recoñecemento das cotizacións dos brasileiros en distintas partes do mundo, principalemnte acordos en materia de Seguridade Social con Reino Unido, Holanda, Xapón e Alemaña, aliás dos suscritos en multilateralmente con todos os países latinoamericanos e o Estado español para recoñecemento dos aportes á Seguridade Social en calquera dos países latinoaméricanos.
Carlos Edurado Gabas falou da história da resistencia ante a privatización do sistema de Pensións brasileiros na década dos 80, cando unha onda privatizadora neoliberal varreu o sistema estatal de pensións e xubilacións en Chile e na Arxentina.
Baseados na solidariedade interxeneracional o Brasil resistiu co seu antigo sistema até o día de hoxe, incluso dando asesoramento en materia de Seguranza Social, hoxe, a Chile, país con serios problemas de desatención social.
Neste momento, 2008, máis de 4 millóns de brasileiros viven fóra do Brail. Por número 1.166.000 viven en Estados Unidos, 360.000 no Paraguai, 310.000 no Xapón (1), 121.000 na Italia (2), 114.000 en Portugal (3).
Con todos estes países o Brasil chegou a acordos en materia de protección social e recoñecemento de pensións.
Pero se cadra un dos pontos máis interesentes do Seminário foi a intervención do ministro chefe da Secretaria Geral da Presidência da República do Brasil, Luiz Soares Dulci quen sinalou que a emigración é un tema de valores e non de intereses como intentan apresentar os europeus e que se ben é verdade en Portugal hai 114.000 brasileiros no Brasil hai (nascidos en Portugal) 217.000 portugueses.
O ministro Dulci fixo unha análise da globalización e a súa incidencia na situación actual do estoupido das masas migratorias. Falou o ministro do sentido do responsabilidade e dos valores por parte dos Estados con respecto a emigración para divorciala dese sentido economicista, inhumano, da emigración.
Algúns aspectos da inmigración a Portugal e as súas similitudes con Galiza
Portugal, como Galiza, son países cunha grande historia de emigración. Hoxe unha importante porcentaxe da súa poboación, cos seus descendentes, vive no estranxeiro. Mais, paradoxicamente, Galiza e Portugal, non na mesma porcentaxe, son países de acollida de retornados e inmigrantes, Galiza é a primeira (e segunda) comunidade en recepción de retornados e a 10º en recepción de imigrantes dentro do Estado español.
Os portugueses son conscientes de que na actualidade acontecen dous movementos migratórios simultaneamente. Por un lado os portugueses continúan emigrando e por outro lado Portugal recebe imigrantes.
As diferenzas desta emigración portuguesa actual son moitas con respecto á acontecida nas décadas dos anos sesenta e setenta e oitenta do século XX. Todas estas características, pasadas e actuais da emigración portuguesa poden ser trasladadas ás características, a grandes rasgos, da emigración galega de antes e da actualidade.
Hoxe ao abeiro do neoliberalismo a emigración disfrazouse de “mobilidade laboral” cando acontece dentro do mesmo Estado, ou da chamada “Liberdade de circulación de cidadáns” existente dentro da Unión Europea.
Así os traballadores portugueses o galegos dentro da Unión Europea non son considerados como emigrantes senón como cidadáns, e no caso dos retornados galegos á Galiza non teñen o estatus xurídico de emigrante retornado, aínda que todos sabemos que si son emigrantes de feito.
As causas de saída, as mesmas que determinaban a emigración antes, desemprego, precariedade laboral, baixos salarios, e as condicións de traballo no país, comunidade autónoma ou Estado estranxeiro, nas que o emigrante ten que sofrer discriminación laboral, social e incluso racial, con condicións de vida muitas veces infrahumanas como é a situación de milleiros de traballadores portugueses da construción, que en número de 15.000, reciben salários máis baixos que os traballadores galegos na mesma actividade.
Os modelos contractuais tamén son distintos aos das décadas dos 60, 70 e 80 do século pasado. Contratacións transfronteirizas ou de prestacións de servizos son algúns dos contratos que permiten, por exemplo, aos traballadores portugueses ser subcontratados na Galiza ou no Estado español, realizar a súa actividade laboral na Galiza ou no Estado español e receber salarios e pagamento da Seguranza Social en Portugal sen ser cualificada esta práctica na contratación polas Inspeccións de Traballo españolas como fraudulenta.
O INE portugués rexistrou na década dos 90 do século XX unha saída de 300.000 (4) cidadáns portugueses; importante e considerábel se temos en conta que a poboación de Portugal é de 11.300.000 habitantes, é dicer case o 38% da súa poboación.
Aquí non está en entredito a libre circulación, senón que esa libre circulación sexa baixo os dereitos laborais e sociais vixentes no país de chegada e non baixo un sistema de dumping social.
Para que a vixencia dos dereitos laborais e sociais sexa unha realidade en relación cos inmigrantes no país de acollida os sindicatos deben celebrar acordos de cooperación coas distintas confederacións sindicais dos países de acollida.
Estranxeiros en Portugal
A fianis do século pasado a chegada de imigrantes a Portugal tivo un aumneto repentino sobre todo de países do Leste de Europa, de Brasil e algúns das ex colonias portuguesas en África.
Na actualidade, 2008, viven en situación regular en Portugal 400.000 imigrantes, que representan o 5% da poboación laboral activa de Portugal e o 10% da total. O número de imigrantes en situación irregular en Portugal non é coñecido.
A CGTP-IN mantén a seguinte estratexia ante a realidade da imigración en Portugal:
a) A exixencia da aplicación dos dereitos laborais e sociais sen descriminación nen desigualdades.
b) A esixencia dun verdadediro control por parte das Inspecións de Traballo e castigos exemplares aos patróns incumpridores con as leis laborais e de estranxeiría.
c) Exixencia da regularización de todos irregulares que traballen acabando con a súa explotación.
d) Políticas de integración dos imigrantes na sociedade de acollida.
e) Chegar a Acordos de cooperación sindical con as confederacións dos países de oríxe dos imigrantes.
Críticas á nova lei de Estranxeiría de Portugal
A imigración é regulada en Portugal pola Lei 23/07 de 4 de xullo e o seu Decreto Regulamentar 84/07 de 5 de novembro de 2007.
As principais eivas, aspectos negativos, desta Lei temos os seguintes:
A Lei mantén o conceito de contingentes de imigrantes, sendo o seu número estipulado periodicamente polo Governo.
A idea do contixente, moi criticada desde moitos ángulos tamén dentro do Estado español, representa unha visión puramente economicista da imigración. Da mesma forma que debemos negarnos as pretensións de determinados Governos (a proposta en 2007 ante a Unión Europea correspondeu ao Governo español de Rodríguez Zapatero) da estipulación dunha discriminación entre as condicións estabelecidas para os imigrantes altamente cualificados e os non cualificados, favorecendo aos primeiros e colocando impedimentos aos segundos, incluso unha vez residentes no país, por exemplo con respecto à reagrupación familiar.
A Lei, segundo a CGTP-IN inclúe tamén aspectos positivos como a posibilidade por parte dos sindicatos de declarar da existencia dunha relación laboral, para casos de regularización, cando o patrón se negase a facelo ou a inclusión da regularización que sexa vítima de explotación laboral previa denuncia do traballador.
Bibliografia
Instrumentos Internacionais e Dereitos dos Imigrantes
Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948)
Convención para a Protección dos Dereitos de todos os Trabalhadores Migrantes e os seus Familiares, Asemblea Xeral da ONU (1990)
Pacto de San José de Costa Rica (1992)
Declaración Universal de Viena (1993)
NOTAS:
(1)O Brasil posúe a segunda comunidade máis grande do mundo de imigración xaponesa despois de Estados Unidos. A terceira é a comunidade xaponesa do Perú.
(2)A cidade italiana máis grande do mundo fóra de Italia é São Paulo.
(3)No Estado español segundo o INE o 31 do 12 de 2007 hai 20.098 brasileiros con permiso de residencia e traballo.
(4) Máis de 62 galegas e galegos emigran na Galiza diariamente desde 1990 segundo dados da CIG.