marco
Vigo, 24/6/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Ana Lois, delegada da CIG no concello de Dozón, lendo un texto de homenaxe a José Areán durante a cea.
Xosé Carlos Crespo, secretario nacional da CIG Administración Pública, tamén participou desta homenaxe.
Diante da súa xubilación

Cea de homenaxe a José Areán, funcionario do concello de Dozón, incansábel na loita contra o acoso

O venres 20 de maio tiña lugar no concello de Dozón unha cea de homenaxe a outro dos infatigábeis loitadores contra o acoso laboral no concello de Dozón, José Areán, que recibiu esta mostra de apoio por todos os seus anos de traballo e compañeirismo como funcionario no concello de Dozón.
Na imaxe, o homenaxeado José Areán.

"Moitas veces téñome preguntado porque tanto e tanto falar do "conflito de Dozón" e que pouco saben os e as que falan, do que levamos pasado. No noso centro de traballo, na casa do concello, non podemos enfrentar as agresións, as inxustizas e o acoso coa forza que, ás veces dá a cantidade, o nº de traballadores/as; temos que facelo dende outra vertente, dende a calidade das persoas. É verdade que eu son a faciana do conflito, mais, sabedes a maioría de vós o que leva sufrido Pepiño?. É máis se non fora pola sua dignidade, a sua honestidade e o seu compañeirismo, teño que dicirvos que dubido se seriamos quén, se seria quén eu, de termar das inxustizas permanentes do Alcalde. Polo tanto hoxe, a ledicia pola xubilación do noso Pepiño, ten que ser, debe ser aproveitada para facer un recoñecemento xusto, a quén o merece.", estas eran as primeiras palabras cheas de calor e cariño de Ana Lois Navaza, funcionaria acosada no concello de Dozón e delegada de persoal da CIG, na homenaxe que os seus compañeiros e compañeiras e viciños de Dozón lle quixeron dar a José Areán ante a súa xubilación e a súa marcha do concello de Dozón.

Emocionante acto

Nun acto cheo de emoción e demostracións de compañeirismo, Ana Lois foi a encargada de dirixir unhas palabras para o homenaxeado, do que destacou a súa actitude, que "nos achega de novo a esencia do verdadeiro significado de ser un traballador comprometido" e subliñou que "leva gravado no máis profundo del, os valores da historia do movemento obreiro, onde a traizón a un compañeiro/a de loita non é posible no seu nivel de consciencia".

Ana Lois rematou desexando unha "vida feliz" na súa xubilación a José Areán, compañeiro que como ela sufriu o acoso laboral, e manifestou que "seguiremos desde este pequeno concello loitando polos dereitos humanos e laborais".

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS