marco
Vigo, 26/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: catoira : : cedonosa :
Despois da concentración do 22 de maio

Cedonosa recupera a subministración eléctrica e poderá volver producir

O xoves 22 de maio os traballadores e traballadoras de Cedonosa concentrábanse ás portas da fábrica para protestar pola subministración eléctrico e reclamar que, coa volta da luz, a factoría puidese volver a traballar. Ían manter as concentracións todos os días, mais esa mesma tarde Fenosa conectou esta instalación de novo á rede eléctrica.

Os traballadores e traballadoras volvían asi de novo a producir, e asi "poderemos demostrar que a empresa é viábel, queremos poñer freo ás aspiracións da direcicón de reducir postos de traballo e trasladar boa parte da produción a Teruel", manifestaba o presidente do Comité de empresa, da CIG, Ramón Conde.

Cortar subministración do concello

Conde anunciara xa o 21 de maio que os traballadores e traballadoras decidiran cortar o subministro eléctrico que lles facilitaba o Concello por considerar que se trataba "dun abuso continuado da empresa aos contribuíntes deste pequeno concello".

O Concello de Catoira suministrara corrente á empresa, que non chegaba para manter a súa produción, pero si para ter luz e operar cos computadores.