A CIG obtén 6 delegados en Asientos de Galicia
Esta empresa de Vigo pertence ao grupo Faurecia e está situada no Parque Tecnolóxico Loxístico de Valadares, cun cadro de 509 persoas, dos que máis de catrocentos na planta de produción. Esta é unha fábrica adicada a producir asentos de automóbiles para a empresa Citroën.
Nestas eleccións presentáronse candidaturas pola CIG, CCOO, UGT e CUT. A votación realizouse o pasado día 23 de xuño. Os resultados son os seguintes:
|
CIG |
6 delegados |
139 votos |
|
CCOO |
5 delegados |
86 votos |
|
UGT |
4 delegados |
61 votos |
|
CUT |
2 delegados |
42 votos |
A CIG volveu ser a forza máis votada, aínda que presentou candidatura só polo persoal da planta de produción.