marco
Vigo, 27/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Do grupo Portadeza

A CIG gaña as eleccións en Pumade SA

Na terceira semana de maio celebráronse as Eleccións Sindicais en Pumade s.a. (grupo Portadeza) unha das maiores empresas da comarca do Deza e a meirande do sector (carpinteria) na provincia de Pontevedra. A CIG gañou as eleccións nesta importante empresa, superando os atrancos e presións sobre os traballadores que exerceu a dirección neste proceso electoral.

A CIG conseguiu desta vez presentar candidatura no colexio de especialistas e non cualificados, tras varios intentos en anos anteriores defenestrados pola actitude dirixista da empresa. A dirección non permitia ningunha candidatura que non tivese a sua conformidade, e, deste xeito, o que acontecía en cada proceso electoral é que a patronal da empresa repartia delegados amabelmente entre UGT e CCOO e forzaba a dimison en masa da candidatura da CIG.

Fortes presións en todo o proceso

Aínda que se puido presentar a candidatura, as presións continuaron de diversos xeitos como o despedimento de candidatos en momentos previos a entrega de candidaturas, mediante a chantaxe ofrecendo indemnizacións por despido moi por riba das correspondentes; Deslexetimar á CIG con mensaxes difamatorias por parte dos encargados e responsábeis de RRHH, e alegre recomendación de voto para as candidaturas oficias de UGT e CCOO.

Pesie a estas actuacións a candidatura da CIG mantivose e gañou as eleccions tanto en número de delegados como de votos ainda que só se presentou candidatura nun colexio mentres que os demais, CCOO e UGT, concorrian nos dous colexios posíbeis, amparados polo aparato da empresa.

O resultado foi o seguinte:

 

Sindicato

Colexio tecnico-administrativo

Colexio Especialistas e non cualificados

Total

votos

delegados

votos

delegados

votos

delegados

CIG

n/p

n/p

79

4

79

4

CCOO

14

1

36

2

50

3

UGT

10

1

18

1

28

2

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS