marco
A Coruña, 27/8/2007
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
A empresa inclúe máis persoal de mantemento nos servizos mínimos

Einsa estivo paralizada novamente na segunda quenda de folga

A actividade en Einsa volveu paralizarse na segunda quenda da folga convocada pola CIG, que se estendeu entre os días 23 e 26 de agosto. A central nacionalista presentou hoxe unha denuncia na Inspección de Traballo contra esta empresa pois incluíu máis persoal de mantemento nos servizos mínimos, nunha media que a CIG considera unilateral e abusiva.

Os traballadores reuniranse na primeira semana de setembro con representantes de Einsa para escoitar e estudar as súas ofertas. De non  haber acordo, o cadro de persoal dos centros de Pontedeume e as Pontes irá á folga os días 6 e 7 do vindeiro mes. Os empregados barallan, mesmo, a posibilidade de secundar un paro indefinido a partir do 13 de setembro se previamente a dirección non acepta as súas demandas.

Os operarios denuncian a redución á metade do plus festivo e reclaman, entre outros aspectos, incorporacións anuais ao cadro de persoal de Einsa de empregados contratados por medio de Empresas de Traballo Temporal.