marco
A Coruña, 28/8/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Na concentración tamén participaron veciños e colectivos sociais.
: Boqueixón : : Ferroatlántica : : mina : : Ramsa : : serrabal : : TAV : : Zapatero :
Traballadores protestan na visita do presidente do Goberno español

Operarios de Serrabal lémbranlle a Zapatero que o paso de TAV pola mina destruirá postos en Galiza

Operarios da mina de Serrabal e das factorías de Ferroatlántica de Cee e Sabón protagonizaron un acto de protesta coincidindo coa visita do presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, a un dos tramos nos que se está a construír o TAV en Boqueixón.
Protesta de traballadores ante a visita de Zapatero (27-08-2008).

Os traballadores, na protesta realizada o 27 de agosto, estiveron acompañados por veciños afectados polas expropiacións de terreos e por colectivos sociais en defensa do tren de proximidade.

Mina de grande importancia para Galiza

A explotación do xacemento de Serrabal constitúe unha actividade mineira de grande importancia e riqueza para o noso país. Desta mina extráese, entre outros minerais, seixo de altísima calidade (silicio solar) que está a servir para desenvolver proxectos pioneiros en canto a I+D+I. O paso do TAV pola mina de Boqueixón truncará estes plans, alén de pór en serio risco centos de postos de traballo na Galiza.

- Novas relacionadas

- Outras novas relacionadas