marco
Vigo, 29/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Na imaxe, Ricardo Posada, delegado da CIG en Telefónica.
En A Coruña, os traballadores de Telefónica concentráronse diante da central de Espiño, na rúa Marqués de Amboage.
: convenio : : folga : : Telefónica :
Mentres se reunía a mesa do convenio de empresa

Os traballadores de Telefónica paran pola negociación colectiva e contra a perda de dereitos

Os traballadores de Telefónica realizarán un paro de 3,5 horas cada un dos días que estea previsto que se reúna a mesa de negociación do Convenio Colectivo de empresa, e que comezou na xornada do día 29, con paros e mobilizacións, como a concentración que tivo lugar na cidade de Vigo.

O xoves 29 de maio os traballadores de Teléfonica da CIG (e doutros sindicatos noutras zonas do Estado como LAB, AST, Cobas, ESK, ELA e EC) realizan un paro e mobilizacións para amosar o seu rexeitamento ao que está acontecer logo de nove reunións da mesa negociadora do Convenio Colectivo nesta empresa de telecomunicacións de ámbito estatal.

Mobilización en Vigo

Ás 13 horas os traballadores e traballadoras de Telefónica en Vigo concentráronse diante da sede que esta empresa ten no bairro do Calvario, na rúa Urzáiz 167. Ali cortaron o tráfico durante quince minutos. Berros como "máis servizos e menos beneficios" ou "convenio digno" escoitáronse fronte ao edificio desta transnacional.

"Racha coas relacións laborais na empresa"

Ricardo Posada, delegado da CIG en Telefónica presente nesta mobilización, relataba o que está a acontecer na negociación "onde a empresa aparcou a plataforma dos traballadores, e continúa adiante coa súa proposta, que racha coas relacións laborais existentes até o de agora".

Posada subliña que "agora mudarían as categorías, pagariasenos en base a complementos, e é que o que queren é convertir todo nunha relación laboral individual". O delegado da CIG engade que "con esta proposta tamén se modificaría a xornada e o computo laboral total de horas".

A CIG tamén demanda que "non se aparquen asuntos desta importancia en Mesas de Negociación Permanentes que operan de costas aos traballadores, así como a perda de poder adquisitivo que suporía este convenio para os traballadores e traballadoras de Telefónica".

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS