Os presentes resultados adquiren unha especial relevancia para a CIG, posto que subiu en votos e un delegado con respecto ao último proceso electoral que se celebrou hai catro anos. Ademais, por primeira vez na historia dunha empresa do Grupo Inditex, unha central que non é CCOO nin UGT logra presentar candidatura e conseguir representación no Colexio de Técnicos e Administrativos, que representa o persoal de oficinas e os mandos intermedios.
Outra conclusión que se desprende destas eleccións é o desgaste que sufriron CCOO e UGT. A partir de agora, o papel do sindicalismo estatal no comité de empresa de Zara Logística vai ser irrelevante.
Roberto Pérez Vila, actual presidente do comité de empresa e cabeza de lista da CIG, considera que estes resultados son unha boa mostra da confianza que depositaron os traballadores no sindicato nacionalista polas melloras salariais e laborais atinxidas nestes últimos catro anos. “O comité vai ser forte e farase respectar diante da empresa”, adianta.| Colexio de Especialistas | Colexio de Técnicos e Administrativos | TOTAL | ||||
| Votos | Delegados | Votos | Delegados | Votos | Delegados | |
| CIG | 290 | 7 | 33 | 1 | 323 | 8 |
| CUT | 276 | 7 | - | - | 276 | 7 |
| CCOO | 132 | 3 | 83 | 2 | 215 | 5 |
| UGT | 93 | 3 | - | - | 93 | 3 |