marco
A Coruña, 30/4/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
De esquerda a dereita: Margarida Vázquez (concelleira de Igualdade), María Xosé Bravo (concelleira de Cultura), Adolfo Naia (coordinador da mostra e membro da CIG-Servizos) e Konstanze Schmitt (autora das fotografías).
O filme Pan e rosas, do director británico Ken Loach, proxectarase no ciclo Saíndo da fábrica.
PROGRAMACIÓN CULTURAL DESTA FEDERACIÓN CO GALLO DO 1º DE MAIO

CIG-Servizos organiza unha exposición fotográfica e un ciclo de cinema obreiro en A Coruña

A CIG-Servizos organiza unha intensa actividade cultural no Forum Metropolitano de A Coruña para conmemorar o 1º de Maio coa posta en marcha da exposición fotográfica "Dar a cara" e co ciclo de cinema obreiro "Saíndo da fábrica".

Ambos eventos foron ideados e coordinados polo membro da CIG-Servizos Adolfo Naia e contan coa colaboración do Concello de A Coruña.

A mostra Dar a cara, da autoría da fotógrafa alemá Konstanze Schmitt, ten como protagonistas a traballadoras que saen retratadas no desempeño da súa profesión e nos seus momentos de lecer. Empregadas de supermercado, limpadoras, oficinistas ou auxiliares dun xeriátrico foron captadas pola cámara de Schmitt para esta exposición. Dar a cara pode visitarse no Forum Metropolitano desde o 30 de abril ao 6 de maio e do 12 ao 17 de maio.

Programación do ciclo de cinema obreiro "Saíndo da fábrica":

(As proxeccións serán ás 20:15 horas os xoves e venres; os sábados, ás 17:15 e 20:15 horas)

1, 2 e 3 de maio: Pan e rosas (Ken Loach, GB, 2000).

8, 9 e 10 de maio: A sorte durmida (Ángeles González-Sinde, Estado español, 2003).

15, 16 e 17 de maio: Recursos humanos (Laurent Cantet, Estado francés, 1999).

22, 23 e 24 de maio: Blue Collar (Paul Schrader, USA, 1978).

29, 30 e 31 de maio: O xefe de todo isto (Lars von Trier, Dinamarca, 2006).

Pola súa banda, o ciclo de cinema obreiro Saíndo da Fábrica contará tamén con charlas e debates a cargo de sindicalistas e traballadores.

Charlas-debate dentro do ciclo "Saíndo da fábrica":

Venres 2 de maio: Paulo Rubido, secretario nacional da CIG-Servizos.

Venres 9 de maio: José Luis Muruzabal, avogado laboralista.

Venres 16 de maio: Roberto Pérez Vila, mozo de almacén de Zara Logística, presidente do comité de empresa e delegado da CIG.

Venres 23 de maio: Antolín Alcántara, secretario confederal de Negociación Colectiva e Saúde Laboral da CIG.

Venres 30 de maio: por confirmar.

As películas proxectaranse en versión orixinal con subtítulos en español.

A entrada para o público xeral é de 3 euros e de 2 para os/as afiliados/as á CIG, xubilados e portadores do Carné Xove.