marco
Vigo, 30/7/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
O número quince desta iniciativa

A sección sindical da CIG de Copo Ibérica edita un novo número do seu voceiro

A sección sindical da CIG en Copo Ibérica vén de editar un novo número do seu voceiro, no que dan conta da actividade sindical da CIG nesta empresa de xeito anual, e no que se analiza a situación da empresa, asi como cuestións máis de fondo sobre a situación do sector.

Copo Ibérica é unha empresa que leva traballando desde 1975 no sector de industrias químicas para o sector da automoción e para o sector de produtos de fogar, en concreto, colchóns de espuma. Desde o ano 77 leva o sindicalismo nacionalista nas súas distintas configuracións sendo maioritario na empresa, e na actualidade conta con 11 dos 13 delegados/as do comité.

Ao final desta nova podedes descargar o último número do seu voceiro e coñecer máis de perto o intenso traballo destes compañeiros e compañeiras.

Documentos
Copo Sindical Xullo 2008.pdf