marco
Compostela, 30/7/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Exixen a readmisión dos despedidos

Continúan as mobilizacións no Bingo “Cidade de Santiago”

As mobilizacións en demanda da readmisión dos traballadores do Bingo “Cidade de Santiago” continúan. A última tivo lugar o pasado venres día 25 de xullo, Día da Patria Galega, cunha concentración na que participou a maioría do cadro do persoal da sala e á que se sumaron, ademais dos compañeiros da CIG da comarca, os propios clientes.
Protesta ante o bingo "Ciudad de Santiago" realizada en Compostela o 25 de xullo, na que participou Antoni Alarcón (no centro da imaxe con camisola amarela), secretario de Organización da Intersindical-CSC.

No Bingo “Cidade de Santiago” foi despedido o 10% do cadro de persoal. A empresa Top Rank, propietaria da sala alegaba na carta de despedimento supostas “causas disciplinarias”, ao tempo que recoñecía o carácter improcedente dos mesmos.

Entre as consideradas pola empresa como faltas de disciplina cómpre salientar a negativa e pasar o aspirador sendo recepcionista, a negativa a asumir dous postos de traballo cobrando por un só (como xefe de sala e como caixeiro a un tempo) ou protestar por ter unha traballadora que compartir vestiario cos compañeiros de sexo masculino.