Tanto para a CIG como para SINERXIA, estas xornadas constitúen unha oportunidade para dar a coñecer os valores do cooperativismo e a contribución de ambas organizacións na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, alén de ser unha boa oportunidade para compartir experiencias e reflexións co movemento sindical, responsábeis e técnicos municipais de áreas de desenvolvemento local, centros de ensino, tecido asociativo e todas as persoas interesadas na economía social.
As xornadas, nas que a participación é gratuíta, serán unha mostra de experiencias cooperativas de diferentes países do mundo e posibilitarán a posta en valor de diferentes experiencias e o que o movemento cooperativo significa en canto a súa identidade común.
Para inscribirse só hai que indicar o nome, documento de identidade, teléfno, nederezo postal, enderezo electrónico a axentesdeemeprego@gmail.com ou traballoeconsumo@gmail.com. Pódese obter máis información, por teléfono, na CIG (986 827 948) ou en SINERXIA (986 896 526).