marco
Vigo, 5/6/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Importante seguimento da folga

Os traballadores de Telefónica volven parar para que se escoite a súa voz na negociación do convenio

De novo o xoves 5 de xuño os traballadores e traballadoras de Telefónica volvían parar, por segundo xoves consecutivo, mentres se celebra en Madrid a mesa de negociación colectiva, contando cun bo apoio nesta segunda xornada de folga.
Concentración dos traballadores de Telefónica na central situada no Calvario, en Vigo.

O paro do pasado día 29 de maio en todo o estado tivo unha importante repercusión porque pararon 4822 traballadoras e traballadores na folga de 3.5 horas. Este xoves volvían repetir os paros e as mobilizacións, tanto na cidade de Vigo como na Coruña.

Novas concentracións

Asi, a partir das doce da mañá tiñan lugar novas mobilizacións, na defensa dun "convenio colectivo digno en Telefónica" e "contra as propostas regresivas que continúa a manter a empresa".

A sección sindical da CIG de Telefónica subliña que "para os sindicatos que convocamos estes paros, a oportunidade era clara: evitar que o peloteo se prolongara ata o verán e coa metade do cadro de persoal de vacacións se puidese asinar o Convenio, que xa non sería a primeira vez, e con estas medidas de presión podemos acadar as nosas reivindicacións".

 

Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS