marco
Compostela, 6/6/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
: escravismo : : Eshor :
Está prevista para o día 10 de xuño, ás 8:45 horas diante dos xulgados

A Dirección da CIG de Ferrol convoca unha concentración coincidindo co xuízo dun traballador inmigrante de Eshor

A dirección comarcal da CIG de Ferrol acordou, na súa xuntanza do 15 de maio, facer un chamamento á participación na concentración convocada para o próximo día 10 de xuño ás 8:45 horas, diante dos xulgados, baixo o lema “Eshor abusa das/os traballadoras/es. Contra a explotación laboral: traballadores/as do mundo unidos”. A convocatoria de concentración coincide cun xuízo pola denuncia dun traballador inmigrante contra a empresa, que “se ten caracterizado nos últimos tempos por ter unha posición belixerante contra da nosa Central Sindical”, explican.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS