A campaña xa leva recollidas máis de 7.000 sinaturas. Para se adherir, basta con premer aquí e indicar os teus datos.
RELANZAMENTO DO CHAMAMENTO POLA LIBERDADE DOS CINCO CUBANOS PRESOS EN ESTADOS UNIDOS:
O 4 de xuño de 2008 o propio Panel de tres xuíces do Undécimo Circuíto de Apelacións de Atlanta tomou a inxusta decisión de ratificar os veredictos de culpabilidade dos Cinco, pero o proceso de apelación mantense aínda en curso.
Dado que o 12 de setembro de 2008 se cumprirán dez anos do seu encarceramento, relanzamos este chamamento de novembro do 2007, xa asinado por importantes personalidades, e convocamos a sumar novas firmas e intensificar as nosas accións para que o mundo, e especialmente o pobo estadounidense, recoñeza a inxustiza que se comete contra estes homes que, ao protexer a Cuba do terrorismo, se alzaron pola defensa dos intereses e a seguridade dos propios estadounidenses e de toda a humanidade!
LIBERDADE PARA OS CINCO CUBANOS PRESOS EN ESTADOS UNIDOS!
Desde fai máis de nove anos, cinco cubanos permanecen encarcerados nos Estados Unidos. Sobre eles pesan extensas condenas, resultado dun xuízo politizado, celebrado na cidade de Miami. Os Cinco axudaban a abortar plans terroristas organizados contra Cuba desde a Florida por grupos cubanos de ultradereita.
O Grupo de Traballo sobre Detencións Arbitrarias da Comisión de Dereitos Humanos das Nacións Unidas declarou arbitraria a súa detención, e un panel de tres xuíces, encargado de examinar o caso pola Corte de Apelacións de Atlanta, acordou por unanimidade declarar non válido o xuízo e indicou revogar as sentenzas ditadas en Miami. Con posterioridade, o pleno da Corte, en votación dividida, revogou esa decisión, e neste momento o caso segue en apelación.
Os Cinco permaneceron illados en prisións de máxima seguridade, baixo crueis condicións de reclusión, en violación dos seus dereitos humanos e das propias leis estadounidenses. A dous deles priváronos do dereito a recibir visitas das súas donas.
Sumamos as nosas voces a todas as que no mundo reclaman o cesamento inmediato desta enorme inxustiza. Non debemos parar até que a verdade se abra paso e estes homes retornen ao seu país e ás súas familias.