No primeiro escrito, reclaman que o Ministerio de Industria faga valer as diferentes resolucións adoptadas pola Cámara galega e polo Congreso dos Deputados que apoian as incorporacións ás empresas principais e as prexubilacións dos traballadores das auxiliares da minaría galega do carbón. No segundo, os representantes sindicais de As Pontes denuncian o proceso de incorporacións a Endesa, que non se ativo á legalidade, e que ademais é insuficiente pois tan só se integraron 80 operarios mentres que outros 60 foron excluídos pese a que reúnen os requisitos para beneficiárense delas.
As minas de lignito pardo de Meirama e de As Pontes pecharon o pasado 31 de decembro. 200 operarios de empresas auxiliares traballaban na primeira e 300 na segunda.