marco
Vigo, 8/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
As traballadoras saían da fábrica para manifestarse fronte ao concello
Trballadoras de conservas Pérez Lafuente concentradas o 7 de maio fronte ao concello de Vilanova de Arousa
Mobilización do mes de abril fronte á factoría en Vilanova de Arousa, nun dia de chuvia
Mobilización das traballadoras de Pérez lafuente no 1º de maio na cidade de Pontevedra
Pola carga de traballo para as fixas discontinuas

As traballadoras de Conservas Pérez Lafuente convocan folga para o 15 e 16 de maio

Pouco máis dun mes traballado como máximo no que vai de ano é a situación na que están a vivir as fixas discontinuas da conserveira de Vilanova de Arousa Pérez Lafuente. Sen carga de traballo, e cunha dirección que non escoita as súas demandas, as traballadoras están en pé de guerra pola defensa dos seus postos de traballo.
Concentración do mércores 7 de maio fronte a fábrica en Vilanova de Arousa
Na fabricación do enlatado de peixe todas as mulleres nesta planta son fixas discontinuas, agás unha.A maioría das empregadas da conserveira son mulleres, das que moitas xa levan traballando pra fábrica dende hai uns 30 anos. As súas queixas céntranse tamén contra o xerente da empresa, xa que aseguran que dende que este tomara o posto hai tres anos, a súa situación foi a peor, con despedimentos, ameazas e expedientes inxustificados.

 

Baixo os berros de "Queremos traballar e non mendigar", "Pérez Lafuente incompetentes", as empregadas reclaman máis carga de traballo, e un plan de viabilidade pra o 2009, xa que se o pasado ano só tiveron seis meses de ocupación, todo apunta a que este ano a situación sexa peor dado que a maioría non levan traballado un máximo de 40 días e algunhas só 12 días.

A recalificación dos terreos da fábrica, que están situados no centro urbán de Vilanova, e a máis que viábel especulación cos mesmos, é outra das incognitas que xira ao redor do futuro destas traballadoras.

Mobilizacións diarias

Desde a última semana de abril estas traballadoras da conserva comezaron as mobilizacións diante da fábrica de 17.30 a 18.30, onde despois camiñan até o concello de Vilanova de Arousa. Alí permanecen concentradas até pasadas as sete e media da tarde.

"Mulleres somos, mulleres seremos, pero na casa non nos quedaremos" resume o espíritu destas mulleres que se negan a abandonar o seu posto de traballo, e reclaman os seus dereitos como traballadoras fixas discontinuas.

Convocatoria de folga

Pero non fica aí a resposta destas mulleres, que presentaron o mércores 7 de maio diante da empresa a convocatoria de folga, que xa foi rexistrada en Traballo, para os vindeiros xoves 15 de maio e venres 16 de maio, para presionar á dirección da empresa a dar resposta ás demandas deste colectivo. Ademais nesta semana haberá novas accións no Salnés de visibilización do conflito das fixas discontinuas de Pérez Lafuente.