marco
Compostela, 8/5/2008
Chuza Menéame del.icio.us
compartir
Nin a chuvia é quen de disuadir esta actividade de fomento do uso do galego

Máis de 1000 rapaces e rapazas corren pola lingua en Vilagarcía

Este xoves, día 8 de maio celebrouse o Correlingua do Salnés en Vilagarcía, no que participaron máis de 1000 rapaces e rapazas de 14 centros de ensino dos concellos de Vilagarcía, Vilanova, Illa de Arousa, Cambados, Sanxenxo e Ogrobe.
Ao longo dos catro km. de percorrido entre o centro de Vilagarcía e a parroquia de Carril, os rapaces e rapazas manifestaron o seu compromiso sin límites co galego os 365 días do ano tal e como di o lema desta edición do Correlingua. A festa final que se celebrou no parque Miguel Hernández amosou ás claras que nin sequera a choiva, que estivo presente ao longo do percorrido, é quen de paralisar esta actividade de fomento da nosa lingua que xa é unha tradición na comarca do Salnés.