A entrega das sinaturas está enmarcada na campaña de mobilizacións que a CIG-Saúde está a levar a cabo nos centros do SERGAS para demandar da Consellaría de Sanidade que na Mesa Sectorial se acade o acordo de reclasificación deste colectivo e, consecuentemente, se lles recoñezan as retribucións correspondentes. Ademais, demandan que unha vez acadado o acordo a Consellaría de Sanidade inste á Función Pública para que proceda ao cambio normativo que permita que se faga viábel esta reclasificación.
O artigo 76 do Estatuto Básico do Empregado Público, Grupo de Clasificación Profesional do Persoal, divide o Grupo C en dous subgrupos C1 e C2, segundo a titulación exixida. Para o ingreso na categoría de Auxiliar de Enfermería é requisito estar en posesión do título de Grao Medio Técnico en Coidados Auxiliar de Enfermería e, polo tanto, o seu grupo d eclasificación debe ser o C1 e non o C2.