A Fundación Alexandre Bóveda quere nesta data lembrar as diferentes dimensións do que representa o día da Galiza Mártir con diversos actos a celebrar en Pontevedra durante todo o día 17. Quere lembrar as consecuencias institucionais para Galiza que tivo o golpe militar nun momento de recente aprobación en referendo do seu estatuto, a crueldade con que foron masacrados os galegos e galegas demócratas de diferentes ideoloxías pero de conviccións antifascistas e, por último, o que representou Alexandre Bóveda desde o punto de vista humano, intelectual e político e a vixencia dos seus proxectos e ideas no momento actual. Para isto a Fundación Alexandre Bóveda presenta o seguinte programa de actos:
• 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.
o No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:
-Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza)
-Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
-Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)
- Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda)
• 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO III PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA A TERESA ALVAJAR
o No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra.
• 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)
• 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA
o No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)
- Cesáreo Sánchez (Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega)
• 20:30 H. LEMBRANZA POLÍTICA NO MONUMENTO A ALEXANDRE BÓVEDA
o Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)
- Bieito Lobeira (Deputado e coordinador do grupo parlamentar do BNG)
- Miguel A. Lores (Alcalde de Pontevedra)