Avaliación positiva deste acordo é a analise que se realiza desde a CIG Servizos, e desde a secretaria comarcal, Maria do Tránsito Fernández, que estivo presente nesta mediacion realizada na AGA, que comezaba ás cinco da tarde do xoves 8 de maio e remataba ás sete e media da mañá do venres 9.
A presión sindical, coa convocatoria dunha folga indefinida para o luns 12 de maio, e a firneza nas posicións durante estas negociacións, conseguiu que a patronal retirara a súa proposta, regresiva, e que supuña un autentico ataque aos direitos conseguidos ao longo destes anos de negociación colectiva.
A vixencia deste convenio será de 4 anos (2008-2011). Acordouse establecer un incremento lineal no salario igual para todas as categorías e nas 15 pagas no 2008 de 30 euros, no 2009 de 35, no 2010 de 40, e no 2011 de 45. O plus de transporte e asistencia, así como as horas extras incrementarase no IPC real do ano anterior. As vacacións serán dun mes natural.
Creación dunha cuarta paga
Establecese unha paga abonable no mes de outubro, de carácter anual, nas seguintes cuantias: de 60 euros para o 2008, de 200 euros para o 2009, de 400 euros no 2010, e de 760 euros no 2011. A secretaria comarcal da CIG Servizos de Vigo subliña a importancia da creacion desta cuarta paga, "que ten unha cuantia importante, e que sube máis a partir do segundo ano porque as contratas que xa teñen o seu servizo orzamentado senón non lle poderían facer fronte".
Os actuais trienios en curso adquiriran tales dereitos económicos como condición "ad personam". A partires de agora o persoal devengará a antigüidade por quinquenios, polos que percibirá un complemento do 5% do salario base.
Un dia libre máis ao ano
Tamén se acordou que se terá un día máis de libre disposición cada ano, "que significa unha reduccion na xornada anual de sete horas".
O resto de asuntos sen incidencia económica directa resolveranse nunha comisión formada para este efecto, que comezará a traballar o próximo 19 de maio.
Asembleas en toda a provincia
Para dar a coñecer o contido deste pre-acordo, e coñecer a avaliación das traballadoras e traballadores da limpeza, convocaronse asembleas en toda a provincia, que mesmo continuarán o sábado á mañá. A acollida deste pre-acordo entre as limpadoras e limpadores nas distintas asembleas celebradas foi tamén moi bo.