marco
Artigos de opinión
Terremoto de longa duração
Boaventura de Sousa Santos
Consiste na convulsão social e política que vai decorrer da destruição progressiva do chamado modelo social europeu – uma forma de capitalis...
Crônica da estagflação anunciada
Celso Lungaretti
A que se deve este apagão na economia mundial, após tantos anos de crescimento significativo? Será que tudo se reduz mesmo a um mero desleixo d...
Europa: A Presidência francesa
Ilda Figueiredo
A Presidência Francesa do Conselho da União Europeia iniciou o seu mandato num momento muito complexo da sua evolução, com posições cada vez...
Novas escravidões
Eduardo Bomfim
A Coruña
30/6/2008 Remata o conflito pola negociación do convenio colectivo na planta de Nostián
Protesta Albada en María Pita
A Asemblea de traballadores de Albada, empresa que xestiona a planta de tratamento de residuos de A Coruña, ratificou o 30 de xuño, por inmensa maioría, o acordo acerca do convenio colectivo que alcanzaran tres días antes o comité e representantes da empresa.
27/6/2008 Galiza non terá un marco de negociación propio e diferenciado
MARTINSA-FADESA 1 20080627
MARTINSA-FADESA anuncioulles aos representantes sindicais e membros do comité de empresa en A Coruña que despedirá 60 traballadores na cidade, a mesma cifra que pactara semanas atrás coa Consellaría de Traballo. CCOO, sindicato maioritario no comité, consinte este plan, do mesmo xeito que a pretensión da empresa de trasladar a Madrid a mesa de negociación sen que nesta teñan un papel propio os representantes do cadro de persoal de A Coruña.
27/6/2008 Os empregados secundan un paro e volven concentrarse diante da sede
Protesta no simulacro da Cruz Vermella
O comité de empresa provincial da Cruz Vermella de A Coruña reitera as súas denuncias pola paralización da negociación do convenio colectivo. A dirección da ONG segue sen presentarlle á parte social unha nova proposta salarial e, aínda por riba, despediu unha empregada hai días alegando que “non hai cartos para manter o emprego”.
24/6/2008 A central nacionalista posúe 8 dos 9 delegados
Obras do porto exterior de A Coruña
A CIG conseguiu os catro representantes que estaban en liza nas eleccións sindicais celebradas entre os traballadores da UTE-Langosteira para a ampliación do comité de empresa. A estes novos delegados hai que sumarlle os outros catro que ten o sindicato nacionalista no órgano de representación dos obreiros contratados pola Unión Temporal de Empresas encargada da construción do porto exterior coruñés.
23/6/2008 A plataforma convocante da marcha do 21 de xuño organiza unha nova manifestación para setembro
Manifestación pola Defensa da Ría do Burgo 1
Cidadáns de A Coruña e da comarca secundaron a manifestación que o pasado 21 de xuño percorreu varias rúas céntricas da cidade en demanda da rexeneración da Ría do Burgo. A “Plataforma para a Defensa da Ría do Burgo”, entidade organizadora da marcha, convoca unha nova manifestación para o 20 de setembro.
20/6/2008 A medida contravén o estipulado no convenio subscrito entre Concello e Ministerio de Fomento
Desafectación Peirao de Batería de A Coruña
A CIG e a sección sindical do sindicato na Autoridade Portuaria de A Coruña dubidan da legalidade da modificación dos usos dos terreos do Peirao de Batería, que hai dous días aprobou inicialmente o Consello de Administración do ente portuario, para a súa desafectación posterior a falta da autorización final do Ministerio de Fomento.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS