marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
A Mesa
27/8/2008 Callón acusa a Educación de “falta de transparencia” por ocultar os datos sobre o incumprimento do Decreto de galeguización
Callón Mesa 20080827
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, sinalou o 27 de agosto nunha comparecencia ante os medios de comunicación, que “o conflicto lingüístico está activo en Galiza porque existen grupos poderosos que tentan que a lingua galega desapareza da vida pública e que se consolide a ausencia de dereitos dos galegofalantes”. O presidente da Mesa acusou ao Partido Popular de liderar estes grupos de presión.
30/6/2008 Pregúntase como é posíbel que os xuíces manifestan sen pudor que incumpren as normas que queren
A Mesa pola Normalización Lingüística vai presentar unha denuncia perante o Consello Xeral do Poder Xudicial contra o xuíz decano da Coruña, quen nun xuízo celebrado esta semana declarou: “No tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo ‘La Coruña’”, facendo así apoloxía da desobediencia da legalidade, especialmente grave ao se tratar dun maxistrado, quen non debería guiarse por ningún outro criterio na súa función pública que non fose o da plena aplicación da lei.
17/4/2008 Denuncia que o estado español incumpre a Carta Europea das Linguas no ensino
Rolda de prensa da Mesa onde se reclama o coñecemento do Galego no ensino
A Mesa pola Normalización Lingüística presentou na Coruña un informe sobre a situación do galego no ensino elaborado polo Observatorio de Dereitos Lingüísticos no que se denuncia que o Estado español segue a incumprir a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM), aprobada por unanimidade polo Congreso dos Deputados no ano 2001.
28/2/2008 A Mesa denunciara a un xefe de sección por dicirlle “Burra, no hables lenguas menores”
Letreiro de Carrefour en A Coruña
O director do hipermercado de Carrefour de A Coruña, no que se produciu recentemente o grave caso de discriminación lingüística a unha traballadora, pediu desculpas, segundo informa a Mesa pola Normalización Lingüística, explicando que se reprendeu ao xefe de sección que protagonizou o suceso, “indicándolle o respecto que debe ter polas persoas, a cultura e a lingua das mesmas”.
16/1/2008 A asociación en defensa da lingua di que os servizos ferroviarios, de titularidade estatal, “actúan como se o galego non existise”
Carlos Callón e Fran Rei entregando alegacións a ADIF
A Mesa pola Normalización Lingüística realizou na mañá do martes 15 de xaneiro un acto reivindicativo na estación do tren de Santiago de Compostela para denunciar as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas que RENFE e ADIF, como organismos públicos que xestionan as infraestruturas ferroviarias e a explotación dos camiños de ferro en Galiza, están a cometer, incumprindo a lexislación lingüística vixente e os tratados internacionais subscritos polo Estado español en materia de dereitos lingüísticos, nomeadamente a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.
9/1/2008 Afirma que o decreto 124/2007 debe cumprirse en todos os centros de ensino non universitario
Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, asegurou en rolda de prensa que o decreto 124/2007 de galeguización do ensino, promulgado o pasado verán, non se está a aplicar na maioría dos centros. Segundo os datos que manexa a asociación en defensa da lingua, os incumprimentos son especialmente graves no tocante ao idioma no que se imparten as aulas, e de xeito “masivo” en educación infantil.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS