10/7/2008
Se ten os informes de impacto debe facelos públicos e se non os ten é insensato comezar as obras na mina
A CIG considera que
a entrada dos técnicos do ADIF, escoltados por máis de 150 membros das forzas
de seguridade, entre antidisturbios da Garda Civil e de seguridade privada, é
unha operación de propaganda enmarcada na precampaña electoral do PSOE e do
propio Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, para dar a imaxe de que as
obras do Tren de Alta Velocidade avanzan e que se cumprirán os prazos
previstos.
18/6/2008
Denuncian a manipulación informativa e responsabilizan ao Presidente da Xunta do conflito
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica,
xunto con representantes das organizacións sindicais CIG e UGT, denunciaron -na
rolda de prensa que se convocou na propia mina- a actitude do Presidente da
Xunta, a quen responsabilizan do conflito e de negarse sequera a dialogar. Unha
rolda de prensa atípica na que os traballadores, coa súa masiva presenza, quixeron
deixar constancia de que se están alí é porque queren e que ninguén lles di
como, cando, onde e por que teñen que mobilizarse, ademais de denunciar a
manipulación informativa da que foron obxecto nos últimos días por parte de
certos medios de comunicación.
6/6/2008
Acordarán o calendario de mobilizacións nunha xuntanza o vindeiro martes
A primeiras horas da mañá do xoves 5 de xuño, traballadores da mina de Serrabal e das plantas de Ferroatlántica de Cee e Sabón concentrábanse no banco cero da mina para intentar evitar o topografiado do terreo a partir do cal darían comezo as obras do TAV. Na mañá deste luns día 9 de xuño repetían a concentración e impedían novamente que os técnicos do ADIF tomasen posesión dos terreos, aínda que saben que nos días seguintes regresarán. Por iso xa anunciaron que continuarán coas concentracións e coa demanda de cambio de trazado malia a cada vez maior presenza policial.
16/1/2008
A asociación en defensa da lingua di que os servizos ferroviarios, de titularidade estatal, “actúan como se o galego non existise”
A Mesa pola Normalización Lingüística realizou na mañá do martes 15 de xaneiro un acto reivindicativo na estación do tren de Santiago de Compostela para denunciar as vulneracións dos dereitos lingüísticos dos galegos e galegas que RENFE e ADIF, como organismos públicos que xestionan as infraestruturas ferroviarias e a explotación dos camiños de ferro en Galiza, están a cometer, incumprindo a lexislación lingüística vixente e os tratados internacionais subscritos polo Estado español en materia de dereitos lingüísticos, nomeadamente a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.