marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
Albada
30/6/2008 Remata o conflito pola negociación do convenio colectivo na planta de Nostián
Protesta Albada en María Pita
A Asemblea de traballadores de Albada, empresa que xestiona a planta de tratamento de residuos de A Coruña, ratificou o 30 de xuño, por inmensa maioría, o acordo acerca do convenio colectivo que alcanzaran tres días antes o comité e representantes da empresa.
10/6/2008 Empresa e comité reuniranse o 23 deste mes
Presidente do comité de empresa de Albada
Representantes dos traballadores e Albada seguen sen chegar a un acordo acerca da negociación do convenio colectivo. A empresa, o 10 de xuño, puxo enriba da mesa unha proposta que está por debaixo do pactado no preacordo atinxido entre as partes o pasado 11 de abril e que supuxo a desconvocatoria da folga.
21/4/2008 EMPRESA E TRABALLADORES REUNIRÁNSE O 28 DE ABRIL E O 5 E 7 DE MAIO
Concentración do persoal de Albada en María Pita
O comité de Albada cualifica como positiva a reunión desta mañá coa empresa, a primeira mantida entre as partes desde o 11 de abril, data na que os traballadores referendaron o acordo atinxido entre os seus representantes e a empresa acerca da negociación do convenio colectivo.
15/4/2008 A FOLGA FICOU DESCONVOCADA
Albada mani
O comité de empresa e Albada asinaron un preacordo acerca da negociación do convenio, despois de cinco horas e media de reunión na sede da Inspección de Traballo o 11 de abril. Ese mesmo día o documento foi referendado polo persoal nunha asemblea celebrada na planta de Nostián. A folga ficou desconvocada.
8/4/2008 O operario, que foi agredido polos axentes, será xulgado por “atentado contra a autoridade” e “desobediencia”
Albada mani 3
Un traballador de Albada foi detido o 8 de abril pola policía española minutos antes do remate da manifestación que organizou ese día o comité de empresa polas rúas coruñesas para esixir a negociación do convenio. O empregado, que foi agredido polos axentes, será xulgado o 10 de abril por “atentado contra a autoridade” e “desobediencia”.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS