5/9/2008
A un ano do accidente mortal no Carballiño
Un ano despois do gravísimo accidente nas obras do AVE, no que faleceu un
traballador e outros catro resultaron feridos cando se derrubou un importante
tramo do viaduto en Pol, O Carballiño, aínda segue habendo puntos escuros na
resolución definitiva do proceso xudicial e, o que aínda é pior, non se
adoptaron as medidas de prevención que garantan a seguridade dos
traballadores, o que ten producido, aínda nestes días, novos accidentes e
incidentes.
10/7/2008
Aseguran que é igual ou peor que cando se produciu o accidente en setembro de 2007
A federación de Construción denuncia que a situación
dos traballadores das obras do Tren de Alta Velocidade no tramo onde se
produciu o accidente en setembro de 2007, é a mesma, ou se cabe peor que
daquela. Aseguran que nestes momentos están a traballar en quendas de 12 horas
continuadas e no momento de facer os empurres nos tramos do viaduto, as
xornadas prorróganse moito máis.
24/6/2008
TRabállanse sábados e domingos tamén
A Confederación Intersindical Galega en Ourense vén de presentar denuncia ante a
Inspección de Traballo contra as empresas que participan na construción do AVE na
comarca de O Carballiño deica o límite das provincias de Ourense e Pontevedra.
18/6/2008
Denuncian a manipulación informativa e responsabilizan ao Presidente da Xunta do conflito
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica,
xunto con representantes das organizacións sindicais CIG e UGT, denunciaron -na
rolda de prensa que se convocou na propia mina- a actitude do Presidente da
Xunta, a quen responsabilizan do conflito e de negarse sequera a dialogar. Unha
rolda de prensa atípica na que os traballadores, coa súa masiva presenza, quixeron
deixar constancia de que se están alí é porque queren e que ninguén lles di
como, cando, onde e por que teñen que mobilizarse, ademais de denunciar a
manipulación informativa da que foron obxecto nos últimos días por parte de
certos medios de comunicación.
17/6/2008
A CIG de Ourense exixe máis sancións
O secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, considera que o informe da Delegación de Traballo sobre o accidente laboral acontecido no viaduto do AVE no Carballiño servirá para levar ao rego o enfoque xudicial do proceso emprendido contra as empresas construtoras, xa que sinala a falta de seguridade como causa do sinistro que custou a vida a un traballador e no que resultaron feridos graves outros catro, mais criticou “a insuficiente multa imposta por Traballo”.
13/6/2008
A CIG responsabiliza ao Presidente da Xunta de que o conflito siga sen resolverse
O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, vén de
cualificar as declaracións do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño,
respecto do papel que o empresario Villar Mir ten no conflito de Serrabal, como
“insultantes” para as organizacións sindicais que están a intervir no mesmo. A CIG pregúntase ademais
as razóns que se agachan tras da negativa do Presidente da Xunta a, sequera,
valorar un posíbel cambio de trazado mentres asume sen problemas o resto dos
que se están a aprobar e o culpa da actual situación por eludir a súa
responsabilidade como Presidente.