marco
Artigos de opinión
A guerra pra manter hexemonías
Manuel Mera
A mini guerra polo control de Osetia do Sul rematou cunha derrota de Xeorxia, despois da decisión suicida do seu presidente, o pro norteamericano ...
Barack Obama e o poder de internet
Altamiro Borges
Para todos os que encaram as eleições de 2008 como decisivas no longo processo de acumulação de forças do campo popular e democrático, o tex...
Colômbia, laboratório de bruxarias: Democracia e terrorismo de Estado
James Petras
O livro recente de Hernando Calvo Ospina, Colombia, Laboratorio de Embrujos: Democracia y Terrorismo del Estado [1] é o mais importante estudo da...
bacharelato
3/7/2008 O contencioso - administrativo inclúe tamén outras materias optativas no bacharelato
Máis ilustración e menos relixión
A CIG-Ensino vén de presentar un recurso contencioso administrativo ante o Tibunal Superior de Xustiza de Galiza en contra da Orde do 25 de xuño de 2008 (DOG do 27 de xuño) que estabelece a relación e o currículo das materias optativas do Bacharelato.
30/6/2008 CIG-Ensino solicita a súa rectificación polo ‘grave prexuízo’ ao sistema educativo galego
A CIG-Ensino vén de solicitarlle á Consellaría de Educación e O.U. que rectifique canto antes a Orde de optativas publicadas o pasado 27 de xuño para que se manteñan as optativas de Literatura Galega do Século XX e tamén as de Literaturas Hispánicas e Literatura Universal Contemporánea polo grave prexuízo que causan ao sistema educativo galego.
18/6/2008 Só dous centros de ensino público imparten en Compostela bacharelato tecnolóxico
Sesenta e tres profesores do CIFP (Centro Integrado de Formación Profesional) Monte de Conxo veñen de exixir mediante un escrito, promovido pola CIG-Ensino, o mantemento das ensinanzas do Bacharelato. Hoxe só dous centros de ensino público de Santiago imparten bacharelato tecnolóxico, entre os cales está o Centro Integrado de Formación Profesional de Conxo.
21/5/2008 Os alumnos de Filosofía sumáronse á concentración
Por outro decreto de bacharelato 1
Continuando coas mobilizacións en demanda doutro decreto de bacharelato, na mañá deste mércores 21 de maio, representantes da CIG-Ensino entregaron no rexistro da consellaría de Educación, preto de 2.700 sinaturas -que veñen sumarse ás xa entregadas e que se incrementarán coas que se recollan nos vindeiros días- en apoio a esta solicitude. Previo o acto de entrega celebrouse unha concentración en San Caetano á que se sumaron alumnos de Filosofía denunciando entre outras cousas que “a consellaría mata a Filosofía”.
29/4/2008 A folga foi secundada por máis do 75% do profesorado das materias afectadas
Manifestación Por outro Decreto do Ensino
Máis de 4000 persoas participaron na manifestación convocada pola CIG-Ensino en Santiago, para exixir a negociación e a modificación do Proxecto de Decreto de Bacharelato. Ademais, a folga foi secundada por máis do 75% do profesorado de Educación Física, Filosofía e Historia, e tivo un apoio importante do profesorado doutras especialidades, reclamando que a relixión non se imparta no horario lectivo normal a todo o alumnado.
4/3/2008 Malia ser a maioría de docentes mulleres, segue a haber máis cargos directivos homes
Reclamación dun Plan de Igualdade no Ensino
Anxo Louzao e Dores Fernández, secretarios nacional e da Muller de CIG-Ensino, presentaron en rolda de prensa as conclusións dun estudo sobre a participación das mulleres na dirección dos centros educativos, que evidencia a baixa presenza das mulleres na dirección dos centros, malia ser maioría no profesorado. Por iso, CIG-Ensino demanda da Consellaría de Educación que se elabore un Plan de Igualdade para o Ensino.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS