marco
Artigos de opinión
Esquerdas nacionalistas?
Santiago Alba Rico
O recoñecemento de que a lóxica das clases e a lóxica dos territorios se cruzan no marco da globalización capitalista debe levar a un exercici...
A luta pela redução da jornada de trabalho
Ricardo Antunes
A luta atual pela redução da jornada de trabalho e a luta pelo direito ao trabalho, ao invés de serem excludentes, tornam-se necessariamente co...
O que nos levou à crise e como sair dela
Sam Webb
A turbulência nos mercados financeiros e o socorro no montante de US$ 700 bilhões, fez a opinião pública olhar com ira para Wall Street e Wash...
Os antecedentes da tormenta
Luiz Gonzaga Belluzzo
bosch
2/10/2008 Sector de Telemárketing
Eleccións sindicais CIG Bosch
O 30 de setembro celebráronse as eleccións sindicais na empresa Bosch de Telemárketing en Vigo; elixíanse 17 membros do Comité de Empresa e a candidatura da CIG acadou a maioría absoluta con 12, CCOO 4 e UGT 1. Nestas eleccións a CIG pasou de 7 representantes (que obtivera en dous procesos anteriores de ampliación do comité) a 12, mentres que CCOO baixou de 8 representantes a 4 e UGT de 2 a 1.
5/8/2008 Producíronse preto de 50 despedimentos nos centros de chamadas da cidade olívica
Mobilizacion despidos Bosch 2
Cunha nova concentración de delegados e delegadas a Sección Sindical da CIG en Bosch continúa dando resposta aos preto de 50 despedimentos realizados pola multinacional xermana Bosch nos centros de chamadas de Vigo.
21/7/2008 Aclaración diante das novas nos medios
Mobilizacion despidos Bosch 2
Ante os desmentidos efectuados pola multinacional xermana Bosch relativa aos despedimentos no seu centro de traballo de Vigo, a sección sindical de Bosch da CIG aclara a través dun comunicado de prensa as noticias que apareceron a este respecto nos medios de comunicación nos últimos dias.
18/7/2008 Denuncian sancións, despedimentos e temporalidade
Mobilizacion despidos Bosch 1
O 17 de xullo tivo lugar a primeira mobilización contra os despedimentos anunciados por Bosch, na que participaron compañeiros e compañeiras despedidos/as xunto con delegados e delegadas da CIG. A mobilización iniciouse cunha concentración en Vigo-3 na Avenida de Madrid, e posteriormente os e as participantes desprazaronse en manifestación ata Vigo-2 onde procederon a concentrarse de novo contra o acoso laboral e os despedimentos.
14/7/2008 Mobilización o xoves 17 ás 11
Bosch Vigo
A semana pasada os responsábeis da empresa de telemárketing Bosch en Vigo anunciaron o que cualificaron como “despedimentos masivos” alegando baixada da carga de traballo. O pasado venres 11 de xullo comezaban a vaga de despedimentos.
13/2/2008 A CIG ten previstas mobilizacións así como asembleas de traballadoras e traballadores
bosch#1
Unha delegada elixida nas eleccións do 20 de decembro e unha candidata do mesmo proceso despedidas; outros delegados da CIG sufriron cambio de quendas ou de campañas; despedimentos e sancións sen motivo son a parte máis evidente da vaga represiva no call center da multinacional Bosch en Vigo.