3/7/2008
Pola defensa dos dereitos laborais dos traballadores da entidade
O pasado 28 de xuño tivo lugar a Asemblea Xeral da Caixa de Aforros de Galicia, que entre outras cuestións debía aprobar as contas do exercicio 2007 así como a composición dos órganos de goberno despois da renovación do 50% da Asemblea. A CIG votou en contra da xestión desta Caixa de Aforros por considerar que estamos ante un modelo neoliberal e especulativo negativo para Galiza e moi agresivo no laboral.
21/5/2008
Privatización da Caixa de Aforros
A
privatización da primeira Caixa de Aforros do país entra na súa fase final, a
Dirección da empresa prepara a súa saída a bolsa coa emisión de cotas
participativas, instrumento semellante ás accións que cotizarán en Bolsa. Esta
posíbel emisión, que debería ser aprobada pola Xunta de Galicia, súmase á
entrada de capital privado na Corporación Caixa Galicia.