24/6/2008
Non beneficiou nin a calidade do ensino nin ás condicións laborais dos docentes
A CIG-Ensino realiza un balance final negativo deste
curso escolar que remata. Neste sentido, o secretario nacional da federación,
Anxo Louzao, salienta que a Consellaría tivo unha actitude de falta de diálogo
e de negociación, o que comportou un incremento da conflitividade,
especialmente ao longo do terceiro trimestre. Os incumprimentos e a postura
impositiva da titular de Educación en determinados temas foron o denominador
común.
20/6/2008
Reclamou a convocatoria da mesa Sectorial atendendo os resultados das eleccións sindicais
Na Mesa Sectorial de Educación celebrada este
venres 20 de xuño, debatéronse, entre outros, os cadros de persoal dos centros
educativos e os currículos de Técnicos en balonmán, baloncesto e atletismo. Nesta
xuntanza a CIG-Ensino denunciou a falta de seriedade institucional coa que se
está a desenvolver e cualificou de “inadmisíbel” que en numerosas ocasións xa, non
estea presidida polo seu presidente, que non se dea resposta ás cuestión
presentadas, que se realicen cambios na orde do día ou que as actas estean sen
aprobar de hai meses.