marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
cambio de trazado
18/6/2008 Denuncian a manipulación informativa e responsabilizan ao Presidente da Xunta do conflito
Por un cambio de trazado 1
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica, xunto con representantes das organizacións sindicais CIG e UGT, denunciaron -na rolda de prensa que se convocou na propia mina- a actitude do Presidente da Xunta, a quen responsabilizan do conflito e de negarse sequera a dialogar. Unha rolda de prensa atípica na que os traballadores, coa súa masiva presenza, quixeron deixar constancia de que se están alí é porque queren e que ninguén lles di como, cando, onde e por que teñen que mobilizarse, ademais de denunciar a manipulación informativa da que foron obxecto nos últimos días por parte de certos medios de comunicación.
13/6/2008 A CIG responsabiliza ao Presidente da Xunta de que o conflito siga sen resolverse
14/08/07  marcha Serrabal
O Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo, vén de cualificar as declaracións do Presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, respecto do papel que o empresario Villar Mir ten no conflito de Serrabal, como “insultantes” para as organizacións sindicais que están a intervir no mesmo. A CIG pregúntase ademais as razóns que se agachan tras da negativa do Presidente da Xunta a, sequera, valorar un posíbel cambio de trazado mentres asume sen problemas o resto dos que se están a aprobar e o culpa da actual situación por eludir a súa responsabilidade como Presidente.
6/6/2008 Acordarán o calendario de mobilizacións nunha xuntanza o vindeiro martes
Serrabal 1
A primeiras horas da mañá do xoves 5 de xuño, traballadores da mina de Serrabal e das plantas de Ferroatlántica de Cee e Sabón concentrábanse no banco cero da mina para intentar evitar o topografiado do terreo a partir do cal darían comezo as obras do TAV. Na mañá deste luns día 9 de xuño repetían a concentración e impedían novamente que os técnicos do ADIF tomasen posesión dos terreos, aínda que saben que nos días seguintes regresarán. Por iso xa anunciaron que continuarán coas concentracións e coa demanda de cambio de trazado malia a cada vez maior presenza policial.
23/4/2008 Percorreron andando os 16 quilómetros que hai entre a entrada da mina e Compostela
Serrabal I
Ás oito da mañá do martes 22 de abril, os traballadores da mina de Serrabal e das plantas de Ferroatlántica en Cee e Sabón, comezaban a súa andaina cara o Parlamento de Galiza desde San pedro de Vilanova, en Vedra, onde están os aceso á mina. Unha marcha de 16 quilómetros en demanda do cambio de trazado do TAV e do cumprimento do acordo parlamentario ‘unánime’ do pasado 27 de xuño de 2007.
4/3/2008 Serrabal segue de cerca a campaña electoral
Serrabal de mitin con Touriño no Pazo de Congresos 1
“Touriño prometiches e logo non cumpriches” foi unha das consigas máis coreadas polo comité de recepción que agardaba ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, á súa chegada ao mitin que tivo lugar o domingo 2 de marzo en Compostela. Eran os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica que, tal e como anunciaron ao comezo da súa acampada en San Caetano, desenvolven unha campaña paralela á electoral en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS