16/9/2008
Paralizouse un forno e prodúcese moito menos
O venres 12 de setembro os traballadores e traballadoras de Cedonosa de Catoira volvían saír as rúas para berrar contra os despedimentos e coa situación que veñen arrastrando desde abril, mes desde o que o persoal se reduciu un 32%. Desde este momento paralizouse un forno e Cedonosa deixou de producir 150.000 metros cuadrados de gres entre as factorías de Teruel e Catoira.
4/9/2008
Os traballadores mobilízanse de novo pola viabilidade da factoría
O 3 de setembro tivo lugar unha reunión do Comité de empresa e das centrais sindicais (CIG-CCOO-UGT), para avaliar o proceso do concurso de acredores, o expediente de regulación de emprego (ERE) e a situación actual pola que está a atravesar a planta de Catoira. Os traballadores e traballadoras comezaron unha serie de mobilizacións contra a destrución de postos de traballo e pola viabilidade desta factoría
14/7/2008
Continúa o proceso no concurso de acredores no Mercantil
Cedonosa atópase no concurso de acredores ordinario que se está a levar no Xulgado do Mercantil nº1 de Pontevedra. Dentro deste procedemento a empresa solicitou a extinción de 26 contratos e a conversión de 11 en fixos descontinuos. Por parte do Xulgado instouse as partes a que tal e como establece a lei concursal se iniciara o período de consultas para negociar de boa fe un acordo do ERE.
26/5/2008
Despois da concentración do 22 de maio
O xoves 22 de maio os traballadores e traballadoras de Cedonosa concentrábanse ás portas da fábrica para protestar pola subministración eléctrico e reclamar que, coa volta da luz, a factoría puidese volver a traballar. Ían manter as concentracións todos os días, mais esa mesma tarde Fenosa conectou esta instalación de novo á rede eléctrica.
8/5/2008
A solución: máis inversión
O xoves 8 de maio celebrouse unha xuntanza do Comité de Empresa,
representantes das centrais sindicais CIG, CCOO e UGT e os
representantes da empresa Cedonosa, Fernando Herce, como presidente
da compañía, Juan Carlos Lumbreras como Director Xeral
e Luís Martín como asesor e redactor do plan de
viabilidade.
6/5/2008
Histórica manifestación do 1º de maio
Cerámicas Dominguez do Noroeste (Cedonosa), unha fábrica de gres situada en Catoira, presentou o pasado mes de abril no Xulgado do Mercantil unha demanda de suspensión de pagos. Un proceso de especulación apoiado por fundos públicos, coa creación doutra planta idéntica en Teruel, mantén na incerteza a 87 familias. O 1 de maio Catoira botouse ás rúas para exixir futuro para esta planta e que se manteñan todos os empregos.