marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
cedonosa
14/7/2008 Continúa o proceso no concurso de acredores no Mercantil
Fábrica de Cedonosa
Cedonosa atópase no concurso de acredores ordinario que se está a levar no Xulgado do Mercantil nº1 de Pontevedra. Dentro deste procedemento a empresa solicitou a extinción de 26 contratos e a conversión de 11 en fixos descontinuos. Por parte do Xulgado instouse as partes a que tal e como establece a lei concursal se iniciara o período de consultas para negociar de boa fe un acordo do ERE.
26/5/2008 Despois da concentración do 22 de maio
Concentración Cedonosa pola volta da luz II
O xoves 22 de maio os traballadores e traballadoras de Cedonosa concentrábanse ás portas da fábrica para protestar pola subministración eléctrico e reclamar que, coa volta da luz, a factoría puidese volver a traballar. Ían manter as concentracións todos os días, mais esa mesma tarde Fenosa conectou esta instalación de novo á rede eléctrica.
22/5/2008 Todos os dias repetirán mobilización
Concentración Cedonosa pola volta da luz I
Desde as doce da mañá o conxunto do persoal de Cedonosa concentrábase diante das dependencias desta factoría para reclamar a necesaria recuperación da luz para que poda retomarse a actividade produtiva desta fábrica. Esta manifestación repetirase todos os dias até que volva o subministro eléctrico a Cedonosa.
21/5/2008 Xestións sen efecto
Reunión Comité Cedonosa con Industria
Nos últimos días por parte do Comité de empresa e das centrais sindicais (CIG, CCOO e UGT) mantivéronse diversas reunións coas Administracións (Consellería de Industria, Consellería de Traballo e IGAPE, así como coa comisión de seguimento do Concello de Catoira), pero tamén coa Dirección da Empresa, a última foi o 20 de maio.
8/5/2008 A solución: máis inversión
Fábrica de Cedonosa
O xoves 8 de maio celebrouse unha xuntanza do Comité de Empresa, representantes das centrais sindicais CIG, CCOO e UGT e os representantes da empresa Cedonosa, Fernando Herce, como presidente da compañía, Juan Carlos Lumbreras como Director Xeral e Luís Martín como asesor e redactor do plan de viabilidade.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS