27/6/2008
Convocaranse mobilizacións para a primeira quincena de novembro
A CIG vén de anunciar a
posta en marcha dunha campaña dirixida a explicar as causas da actual crise económica e en demanda da aplicación de medidas que garantan as
condicións de vida da clase traballadora, que favorezan realmente aos sectores
produtivos e que posibilten maior autogoberno para Galiza. Unha campaña que se
quere facer chegar a todas as organizacións do nacionalismo para poder dar unha
resposta común ante unha crise que vai afectar á maioría da poboación.
17/6/2008
Se foi a súa Presidenta, Dolores Villarino, demanda a súa dimisión polo seu reiterado comportamento antidemocrático
A CIG remitiu aos medios de comunicación unha nota na que exixe que o Parlamento de
Galiza aclare quen tomou e por que, a decisión de impedir aos representantes da
central, promotores da Iniciativa Lexislativa Popular, facer declaracións nin
sequera ás portas do edificio do Parlamento de Galiza.
17/6/2008
Lembra que non é a primeira vez que se dan feitos semellantes con organizacións nacionalistas
O portavoz do grupo parlamentar do BNG,
Carlos Aymerich, remitiu un escrito á presidenta da Cámara en protesta
polos feitos acontecidos na mañá do martes 17 de xuño no Parlamento, nos que os representantes da
CIG foron expulsados cando ían atender aos medios de comunicación despois de
presentar unha iniciativa lexislativa popular.
17/6/2008
Entregáronse máis de 19.000 sinaturas no rexistro da Xunta Electoral de Galiza
Representantes da CIG fixeron entrega, este martes día 17 de xuño, das máis de 19.000 sinaturas, xa certificadas pola oficina do censo
electoral, para promover unha ILP e obrigar á institución parlamentaria a
retomar o debate sobre o chamado plus de altos cargos. Porén, non se puido
explicar aos medios o contido da mesma porque o xefe de seguridade do
Parlamento impediuno, aducindo que tiña ordes de prohibir que se fixeran
declaracións, nin sequera na porta de entrada do edificio.
17/6/2008
A medida, entre múltiples aspectos negativos, impediría a conciliación entre a vida familiar e o traballo
A Secretaría da Muller da CIG únese ás críticas contra a reforma da directiva de Tempo de Traballo, aprobada a semana pasada polos ministros de Emprego da UE, que pretende ampliar a 65 horas o número máximo de horas que comprenden a xornada laboral. A medida, para a súa entrada en vigor, aínda ten que ser debatida e aprobada no Parlamento europeo.
12/6/2008
Denuncian a perda de dereitos
Os empregados de Telefónica secundaron novamente o 12 de xuño paros de tres horas
e media en cada unha das quendas de traballo para denunciar a intención da
empresa de modificar as condicións salariais do cadro de persoal.