24/11/2008
Participaron case un cento de delegados e delegadas
Cunha
alta participación de delegados e delegadas, así como de cadros sindicais, uns
e outros da federación de administración pública da CIG, o pasado venres 21 de
novembro tivo lugar en Montouto (Teo) a celebración dun encontro de
normalización lingüística, en resposta á convocatoria conxunta feita pola
dirección de CIG-Administración e polo Departamento de Normalización Lingüística
da central sindical.
20/11/2008
O día 21 de novembro celébrase unha xornada informativa e formativa en Compostela
“Por unha
administración mellor, mellor en galego” é o lema da campaña de promoción do
uso do galego que a CIG vén de pór en marcha na Administración Pública. A
campaña, que constitúe a segunda fase dunha iniciativa que arrancou antes da
celebración do 17 de Maio, pretende concienciar á traballadores/as e
administracións da necesidade de afondar no cumprimento da normativa referida á
normalización lingüística.
10/11/2008
O acordo, asinado en 2005, recolle as melloras das condicións de traballo e un incremento da produtividade
A sección de Institucións Penitenciarias da
CIG-Administración vén de denunciar o incumprimento do acordo asinado o 29 de
marzo de 2005 entre o Ministerio do Interior, concretamente a Secretaría Xeral
de Institucións Penitenciarias, e varias organizacións sindicais
representativas do sector, entre as que se atopa a CIG. O acordo recolle
melloras das condicións de traballo, incremento da produtividade e optimización
do funcionamento da Administración Penitenciaria.
5/11/2008
Representantes sindicais remítenlle unha carta á ministra coas propostas da central
Un cento de delegados/as da Área Pública da CIG, que engloba as federacións de Administración Pública, Ensino e Saúde, concentráronse o 5 de novembro diante da Delegación do Goberno español na Coruña para rexeitar o último acordo retributivo atinxido na Mesa Xeral de Negociación das Administracións Públicas.
3/11/2008
As federacións da área pública da CIG denuncian a perda do poder adquisitivo e os límites á oferta do emprego público
As tres Federacións
da Área Pública da CIG, Administración Pública, Ensino e Saúde, convocaron unha
concentración de delegados/as diante da delegación do Goberno, na Coruña, o 5
de novembro para rexeitar o acordo retributivo para as/os empregadas/os públicos
da Mesa Xeral de Madrid para o vindeiro ano. Ademais, entregarase unha carta
dirixida a ministra de Administracións Públicas na que se recollen as
reivindicacións da central.
6/8/2008
Embarcacións sobrepasan os 24 anos de antigüidade na metade das bases marítimas
A CIG denuncia a precariedade dos medios cos que conta en Galiza o Servizo de Vixilancia Aduaneira. En tres das seis bases marítimas do país, as embarcacións sobrepasan os 24 anos de antigüidade e o helicóptero da zona norte tan só dispón de dúas horas de autonomía.