11/7/2008
A policía española identifica persoas que participaron nunha protesta de pais e nais
Os condutos de saída do sistema de ventilación do Gadis que está situado no baixo do Mercado de Montealto provocan temperaturas moi elevadas a carón da Escola Infantil Municipal do barrio, emprazada xusto ao lado deste recinto comercial. Pais e nais de alumnos protagonizan protestas todos os venres, ás 13:00 horas, para demandar unha pronta solución a este problema, que se agrava no verán. A CIG-Ensino apoia estas reivindicacións.
10/7/2008
A empresa non lle sacou traballo algún aos centros que teñen que asumir todos os trámites burocráticos
A CIG-Ensino
denuncia que a empresa contratada pola Consellaría de Educación para a xestión
dos libros de texto obriga aos centros, cando contactan con ela
telefonicamente, a dirixirse a eles en español. Esta empresa que foi licitada
pola Consellaría por 450.000 € de
diñeiro público galego, non só non atende aos centros escolares de Galiza no
seu idioma, senón que tampouco os descarga de traballo ningún.
3/7/2008
O contencioso - administrativo inclúe tamén outras materias optativas no bacharelato
A CIG-Ensino vén de presentar un recurso contencioso administrativo ante o Tibunal Superior de Xustiza de Galiza en contra da Orde do 25 de xuño de 2008 (DOG do 27 de xuño) que estabelece a relación e o currículo das materias
optativas do Bacharelato.
1/7/2008
Acada un apoio de preto do 70%, con 16 delegados/as dun total de 23
A CIG valora moi positivamente o
apoio maioritario que o persoal do Consorcio vén dar á candidatura presentada
pola CIG, o que supón ter a maioría absoluta nos tres comités de empresa:
Ourense, Pontevedra e A Coruña.
1/7/2008
A emenda obtivo 30 votos a favor, 18 en contra e 15 abstencións
O Pleno do Consello Escolar do Estado, celebrado o pasado 26 de xuño, aprobou
o Informe sobre o estado e situación do sistema educativo do curso 2006-2007,
no que se tivo en conta, entre as emendas presentadas pola CIG-Ensino, a que
insta “ao goberno a que revise o Concordato co Estado Vaticano
co obxectivo de que o ensino da Relixión non forme parte do currículo escolar.” Unha emenda que foi aprobada con 30 votos a
favor, 18 en contra e 15 abstencións.
30/6/2008
CIG-Ensino solicita a súa rectificación polo ‘grave prexuízo’ ao sistema educativo galego
A CIG-Ensino vén de solicitarlle á Consellaría de Educación e O.U. que
rectifique canto antes a Orde de optativas publicadas o pasado 27 de xuño para
que se manteñan as optativas de Literatura Galega do Século XX e tamén as de
Literaturas Hispánicas e Literatura Universal Contemporánea polo grave prexuízo
que causan ao sistema educativo galego.