marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
CIG-Saúde
31/7/2008 A CIG víñao demandando desde hai meses e denunciando os pouco tranparentes mecanismos de contratación
CIG-Saúde concentración 30/07/08
O mes de xullo caracterízase polo importante volume de contratacións no SERGAS para substituír ás traballadoras e traballadores que marchan de vacacións. A CIG-Saúde tiña denunciado que, neste ano, esas contratacións estaban a realizarse de forma irregular. Legalmente esas contratacións deben realizarse seguindo unhas listaxes pero as da convocatoria celebrada en setembro de 2007 aínda non foron publicadas. O SERGAS, na mesa sectorial celebrada este mércores 10 de xullo, comprometeuse a facer públicas as listas nun prazo de 10 días.
17/7/2008 O troco na denominación do centro hospitalario é un exercicio de hixiene democrática
Hospital Juan Canalejo
CIG-Saúde felicita o Consello da Xunta por aprobar o cambio na denominación do “Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo”, que pasará a chamarse “Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña”. Esta medida representa un exercicio de hixiene democrática, de xustiza histórica e de desagravio ás vítimas da barbarie franquista.
23/6/2008 Proseguen as protestas da CIG - Saúde
Mobilización Arquitecto Marcide Ferrol
Medio cento de técnicos superiores e de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría do SERGAS mobilizouse o 23 de xuño no Hospital Arquitecto Marcide en demanda dunha reclasificación xusta dos seus postos. Os e as traballadoras trasladaron as súas protestas nunha marcha desde o despacho de Recursos Económicos até o de Recursos Humanos. CIG-Saúde convocou ese día concentracións simultáneas en todos os hospitais públicos do país.
22/5/2008 Concentráronse diante do Policlínico da Rosaleda en Compostela
Sanidade Privada. Rosaleda. 1
A patronal da Sanidade Privada-Concertada séguese a negar a negociar o convenio colectivo e a mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores do sector. Por iso na mañá deste xoves 22 de maio celebrouse unha nova concentración diante do Policlínico da Rosaleda, en Compostela, para denunciar a situación nas que se atopan e reclamar unha inmediata solución.
22/5/2008 EStán pendentes listas de contratacións, revisión do pacto, traslados, oposicións ou plans de estabilidade, entre outros
Saúde. Concentración ante o SERGAS. 1
CIG-Saúde celebrou o pasado 20 de maio unha concentración diante das dependencias do SERGAS en Compostela para reclamar un cambio nas prioridades da Consellaría de Sanidade e que se potencien os recursos humanos e os destinados á súa xestión para que se remate cos atrasos acumulados en diferentes procesos.
8/5/2008 Fixeron unha entrega de sinaturas recollidas en todos os centros sanitarios do SERGAS
Sergas. Entrega de sinaturas
Representantes de CIG-Saúde e delegados e delegadas sindicais fixeron entrega na mañá do xoves día 8 de maio das sinaturas recollidas entre o colectivo de Técnicos en Coidados Auxilliares de Enfermería de todos os centros sanitarios do SERGAS.
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS