27/11/2008
Concentráronse diante do complexo administrativo de San Lázaro, en Compostela
Traballadores e
traballadoras da seguridade privada que realizan os seus servizos para a Xunta concentráronse
diante do complexo de edificios administrativos de San Lázaro para reclamar a
equiparación salarial ao persoal laboral da administración pública. A CIG
reclama tamén que o servizo de seguridade privada volva ser público.
25/11/2008
A empresa enganou á dirección do CHUS ao falsificar partes de servizos para simular que tiña un número maior de vixiantes no centro
O Secretario Nacional da Federación de Servizos da CIG, Paulo
Rubido, reclamou a Secretaría Xeral do Sergas que non adxudique a VIPROGA o
concurso de servizo de seguridade privada do Complexo Hospitalario Universitario
de Santiago de Compostela. A empresa, que leva xestionando este servizo 18
anos, cometeu múltiples irregularidades cos seus traballadores e mesmo enganou
á dirección do centro presentando falsos partes de servizos.
18/11/2008
A CIG optará pola mobilización se a patronal non inclúe as demandas fundamentais dos/as traballadores/as
A patronal do sector de seguridade privada manifestaba,
na última xuntanza da mesa negociadora do convenio, o pasado 11 de
novembro, a súa negativa a abordar cuestións económicas e a aceptar a
proposta dun incremento salarial do IPC máis dous puntos, sob pretexto da
situación provocada pola crise económica. Para
a CIG-Servizos esta posición é inadmisíbel e xa anunciou que de manterse
optará pola mobilización.
5/11/2008
Un xuíz estima que Margherita Calderazzi foi a “instigadora” desta mensaxe de protesta
CIG-Servizos quere trasladar a súa solidariedade e apoio a Margherita Calderazzi, sindicalista e militante comunista italiana, recentemente condenada a pagar 100.000 euros por ser a “instigadora” dunha pintada contra o patrón de “ILVA spa”, importante empresa de aceiro da cidade de Tarento.
4/11/2008
Os traballadores constatan que están dispostos a enfrontarse á represión
A CIG valora moi positivamente o seguimento da
folga convocada para este luns día 3 de novembro en Lorenzo Froiz, do Grupo
Froiz. Con esta mobilización as traballadoras manifestaron a súa intención de
responder con contundencia a todas as agresións e abusos que se produzan por
parte da empresa. Nesta ocasión a sanción encuberta á presidenta do Comité Lucía
Freire foi interpretada como unha agresión a todas as traballadoras e
traballadores o que posibilitou unha participación tan masiva na xornada de
folga.
22/9/2008
Música piquetera e internacionalismo
O martes 22 ás 21.30 terá lugar un concerto, organizado pola CIG-Servizos, na Casa das Atochas (rúa Atocha Alta 14, Montealto) do grupo arxentino "Las Manos de Filippi". Este acto é continuador do ciclo de cinema obreiro realizado no mes de maio no Forum Metropolitano da Coruña, e proseguen así na cidade da Coruña, e a través da federación de Servizos da CIG, as actividades culturais e proletarias dirixidas aos traballadores e traballadoras desta comarca.