23/6/2008
Proseguen as protestas da CIG - Saúde
Medio cento de técnicos superiores e de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría do SERGAS mobilizouse o 23 de xuño no Hospital Arquitecto Marcide en demanda dunha reclasificación xusta dos seus postos. Os e as traballadoras trasladaron as súas protestas nunha marcha desde o despacho de Recursos Económicos até o de Recursos Humanos. CIG-Saúde convocou ese día concentracións simultáneas en todos os hospitais públicos do país.
23/5/2008
A patronal recúa nas súas propostas
As seis da tarde delegados e traballadores do metal da CIG de Ourense concentrábanse diante da Confederación de Empresarios de Ourense, onde tiña lugar unha nova xuntanza da Comisión Negociadora do Convenio Provincial do Metal de Ourense. Grazas á presión da CIG, a patronal retirou en boa medida a proposta de traballar os sábados.
15/5/2008
No Porriño
O 15 de maio tivo lugar a primeira das mobilizacións que se desenvolverán en contra do despedimento dun traballador de Faurecia Interior Systems, afiliado da CIG, que levaba 12 anos en Faurecia e era fixo desde o 2002, vítima da
represión sindical da empresa, xa que foi unha das persoas máis activas na
negociación colectiva do convenio de Faurecia e é membro da sección
sindical da CIG na empresa.
14/5/2008
Mestres a alumnos de filosofía sumáronse ao acto
A CIG-Ensino protagonizou na mañá deste mércores 14 de maio un acto
lúdico-reivindicativo en demanda de modificacións no Decreto de Bacharelato,
para que a relixión se imparta fóra das horas comúns a todo o alumnado e que se
incremente o horario de Filosofía e Historia. Anxo Louzao denunciou o escaso
‘talante’ democrático da conselleira e a falta de valentía para avanzar nun
ensino de calidade, galego e laico.
12/5/2008
Despois de 12 días de mobilizacións
Logo de doce días de mobilizacións diante da sede da empresa e do Concello de Vilanova, as traballadoras fixas discontínuas decidiron mudar de sitio para seguir denunciando a mesma situación que padecen desde hai anos, e que se incrementou moito nos últimos tempos: a falta de carga de traballo.
28/4/2008
Volverán a concentrarse o próximo martes, día 6 de maio, ás 12:00 h ante o Clínico
Os traballadores de Viproga, empresa de Seguridade
encargada do servizo de vixilancia do Complexo Hospitalario Universitario de
Santiago (CHUS) concentráronse na mañá deste luns, 28 de abril, ante os accesos
ás consultas externas do hospital Clínico en demanda do pago dos atrasos. En
solidariedade e para manifestar o seu apoio, á concentración convocada pola CIG,
sumáronse tamén outros traballadores do sector.