marco
Artigos de opinión
George Steiner e os “damnificados da literatura galega”
Xurxo Martínez Crespo
Isabel Bugallal, de La Opinión de A Coruña, preguntoulles a un fato de “notabéis” verbo as declaracións de George Steiner sobre a literatur...
Bolívia: À esquerda não basta ganhar eleições!
Ivan Pinheiro
A dificil situação da Bolívia depois do referendo de 10 de Agosto analisada por Ivan Pinheiro tem, entre outros méritos, o de de ser feito por...
Xogar con vantaxe
Manuel Mera
Seica imos ter eleicións anticipadas, diante do temor do PSOE autóctono de perder votos a medida que se agrave a crise económica, polo que se di...
Consellaría de Educación
3/7/2008 O contencioso - administrativo inclúe tamén outras materias optativas no bacharelato
Máis ilustración e menos relixión
A CIG-Ensino vén de presentar un recurso contencioso administrativo ante o Tibunal Superior de Xustiza de Galiza en contra da Orde do 25 de xuño de 2008 (DOG do 27 de xuño) que estabelece a relación e o currículo das materias optativas do Bacharelato.
20/6/2008 CIG-Ensino continuará a defender a súa reforma
08/05/14 CIG-Ensino
O Consello da Xunta aprobou o Decreto de Bacharelato no Consello da Xunta sen proceder a rectificar as graves carencias que posúe e mesmo os seus erros manifestos, que obrigarán en breve a ter que modificar o seu contido, que foi froito de atender as presións de intereses alleos ao ensino, como é o caso da xerarquía da igrexa, no canto de escoitar as demandas da comunidade educativa.
19/6/2008 CIG-Ensino cualifica a actitude da consellaría de “ineptitude” e “autoritarismo”
08/05/14 CIG-Ensino
A Consellaría de Educación vai clausurar o curso o día 20 e vén de abrir a matrícula para o Bacharelato. Porén, aínda non ten aprobado o novo Decreto do currículo polo que se vai ordenar o Bacharelato para o curso vindeiro. Esta situación agrávase, aínda máis, porque o propio proxecto de Decreto derroga a Orde que regula as optativas e a Consellaría non presenta, nin sequera, o borrador dunha nova.
13/6/2008 A CIG-Ensino esixe que a Consellaría de Educación cese Mario Juíz
Rolda de prensa IES Paseo das Pontes
O Xulgado do Contencioso - Administrativo nº 1 de A Coruña ditou unha sentenza que obriga a Consellaría de Educación a incoar un expediente disciplinario ao director do IES Paseo das Pontes, Mario Juíz López, por tolerar que un grupo de alumnos insultase gravemente unha profesora do centro. A CIG-Ensino solicita da Consellaría a apertura de expediente e o cesamento inmediato de Mario Juíz.
11/6/2008 Está aprobado desde o mes de outubro do pasado ano (2007)
Hai máis de medio ano que o Decreto que estabelece o currículo de Educación Infantil pasou todos os trámites da Consellaría de Educación, porén está sen publicar, malia o curso que vén ser obrigada a súa aplicación para toda a etapa Infantil de 0 a 6 anos.
19/5/2008 Concentráronse diante da consellaría de Educación
CIG-Ensino xornada reducida xuño e setembro
Despois de que o día 15 de maio, na Mesa Sectorial, a Consellaría non aceptase a proposta da CIG-Ensino de restabelecer, en todos os centros educativos, a xornada reducida de xuño e setembro, suprimida o curso pasado, a CIG-Ensino convocou unha concentración de delegados/as do ensino público, o pasado venres día 16 de maio, diante da Consellaría de Educación.  
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela
Contacta por correo en cig.prensa@galizacig.com
Fontes RSS Logotipo fontes RSS